Cookies

Formación y actividades

© Federación Autismo Galicia | 16/01/2024 | Curso: Sexualidade e TEA. Moito máis que tocamentos e estereotipias.

Curso: Sexualidade e TEA. Moito máis que tocamentos e estereotipias.

Curso destinado a persoas con TEA, profesionais e familias das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia e demais profesionais de apoio terapéutico dos servizos socio-sanitarios. INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

 

10/02/2024 -

*Actividade recoñecida de Interese Sanitario pola Consellería de Sanidade

 

DESCRICIÓN:

Con este curso preténdese proporcionar información sinxela e práctica que facilite a identificación de necesidades e dificultades das persoas TEA en canto á súa forma de expresar os seus desexos e a relación co seu corpo facilitando ás familias e profesionais os conceptos para poder falar sobre a sexualidade, intimidade, erotismo ou o desexo, por medio de exemplos prácticos.

OBXECTIVO:

Facilitar información e resolver dúbidas sobre a sexualidade das persoas TEA e como abordalas.

DATA: Sábado, 10 de febreiro de 2024

Nº DE HORAS: 8

HORARIO: De 9:30h. a 14h. e de 15h. a 18:30h.

MODALIDADE: Online (Zoom). Non se gravará, polo que non se poderá acceder á formación fóra do horario no que se imparte.

PERSOAS DESTINATARIAS: Persoas con TEA, profesionais e familias das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia e demais profesionais de apoio terapéutico dos servizos socio-sanitarios.

NÚMERO DE PRAZAS: 125

INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

PRAZO DE INSCRICIÓN: Ata o mércores 31 de xaneiro de 2024. *Confirmaremos a praza ou lista de espera por correo electrónico unha vez finalizado o prazo de inscrición (a partir do xoves, 1 de febreiro de 2024).

PROGRAMA:

  1. Aproximación á Sexoloxía.
    • Desenvolvemento da sexualidade e afectividade nas persoas con TEA.
    • Dificultades e limitacións na evolución e desenvolvemento da sexualidade nas persoas con TEA.
    • Sensualidade e erotismo.
  2. Orientacións de apoio a familias e profesionais.
    • Dereitos e orientacións éticas.
    • Prevención de situacións vulnerables.
    • Limitacións, prexuízos e resistencias profesionais e/ou familiares.
    • Apoio e/ou asistencia sexual, que é/que non é?
  3. Programas de intervención.
    • Programas enfocados a persoas en función de: a idade, diferentes necesidades de apoio, identidade de xénero e perfís sexuais.
    • Establecemento de límites e adaptación de contornas: xestión de tempos e espazos.
    • A importancia do enfoque centrado na persoa.
  4. Presentación de casos prácticos.

DOCENTE:  Zoraida Granados Palma. Psicóloga Xeral Sanitaria. Psicopedagoga clínica. Sexóloga e terapeuta de parella. Delegada da Zona de Levante da Asociación Nacional de Salud Sexual y Discapacidad (ANSSYD). Psicóloga na Oficina Orienta de Castellón que atende a persoas LGTBIQA+, familias e achegados/as. Formadora de cursos e talleres a menores, adolescentes, persoas adultas e familias de persoas con TEA, Diversidade Funcional psíquica, física e sensorial.

INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

Organiza: Federación Autismo Galicia

.

 

 

 

 

 

Lugar de celebración:

MODALIDADE: Online

Archivada en:
Infórmate > Formación y Actividades