Cookies

Formación y actividades

© Federación Autismo Galicia | 24/11/2023 | CURSO FORMATIVO EN COMUNICACIÓN E ORATORIA PROFESIONAL

CURSO FORMATIVO EN COMUNICACIÓN E ORATORIA PROFESIONAL

Para persoas directivas e técnicas profesionais das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia. Traballarase a capacidade para deseñar mensaxes eficaces e transmitilas de modo seguro e competente, coñecendo as técnicas clásicas e modernas de retórica, aplicando as novas ferramentas de neuro-comunicación e neuro-márketing e dominando as claves da linguaxe non verbal propia e allea.   INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

24/11/2023 -

DESCRICIÓN

Unha das virtudes cada vez máis demandadas nos/as profesionais, sexa cal fora o ramo, é a capacidade de comunicar. Por iso, calquera profesional e líder/esa que saiba comunicar de modo eficaz proxecta unha maior e mellor imaxe de seguridade, dominio da situación, e confianza.

Comprender as técnicas adecuadas de comunicación, practicar os trucos que utilizan políticos de Estado, grandes gurús e presentadores/as é de gran axuda para defender e presentar proxectos importantes en calquera ámbito profesional, empresarial e institucional.

INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

OBXECTIVO

Adestrar a capacidade do alumnado de deseñar mensaxes eficaces e transmitilas de modo seguro e competente, coñecendo as técnicas clásicas e modernas de retórica, aplicando as novas ferramentas de neuro-comunicación e neuro-márketing e dominando as claves da linguaxe non verbal propia e allea.

DATAS: 19 e 20 de decembro de 2023

Nº DE HORAS: 11

HORARIOS:

  • 19 de decembro: de 16:30h.a 19:30h (3h)
  • 20 de decembro: de 10h. a 14h. (4h.) e de 15h. a 19h. (4.h.)

MODALIDADE.

  • 19: online (Zoom)
  • 20: presencial na Sede da Federación Autismo Galicia: Rúa Rodríguez de Viguri, 35 - Santiago de Compostela (xantar a cargo da Federación Autismo Galicia).

PERSOAS DESTINATARIAS: Persoas directivas e técnicas profesionais das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia.

NÚMERO DE PRAZAS: 20

PRAZO DE INSCRICIÓN: Ata o 12 de decembro de 2023 ás 12h.

*Confirmaremos a praza (ou lista de espera) e facilitaremos o enlace zoom da primeira xornada, por correo electrónico unha vez finalizado o prazo de inscrición (a partir do luns, 15 de decembro)

PREZO: Gratuíto

 

PROGRAMA

  1. PRESENTACIÓN
  2. DOMINIO AS TÉCNICAS NECESARIAS PARA CREAR MENSAXES EFICACES, PERSUASIVOS NO ÁMBITO PROFESIONAL E INSTITUCIONAL.
  • Efecto HALO
  • Método Vendôme
  • Regra do 3
  • Dominio da posta en escena
  1. ENTRENAMENTO DA CAPACIDADE COMUNICATIVA. TRANSMISIÓN DA MENSAXE.
  • Linguaxe non verbal
  • Programación Neuro lingüística
  • Emocións - storytelling
  • Imaxe – Personal branding
  • Dominio da posta en escena

INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

 

DOCENTE: Santiago Martínez.

Licenciado en Dereito e master en Comunicación, estratexia e márketing político. Campión nacional de debate en España en 2007 e 2008. Socio cofundador da primeira escola de oratoria con formación periódica en España, Eloqüencia. Conta con experiencia en formación e capacitación de altos directivos de multinacionais e de políticos e candidatos presidenciais en España, Portugal, Bruxelas, México, Arxentina, O Salvador, Honduras, Rep. Dominicana, Ecuador, Bolivia, Colombia, Perú, Uruguai, e recentemente co actual presidente de Chile.

Imparte formación en comunicación estratéxica, persoal branding e negociación nunha decena de Universidades e Escolas de Negocio en Europa e Latinoamérica. Tamén en multinacionais en España e Latinoamérica.  Colaborador en calidade de asesor especialista para a TVG e La Voz de Galicia.

 

 

 

Subvencionado pola Xunta de Galicia -Consellería de Política Social- a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a renda das personas físicas (IRPF).

 

 

 

Lugar de celebración:

Modalidade MIXTA: Primeira xornada ONLINE a través da plataforma Zoom, segunda Xornada PRESENCIAL en Federación Autismo Galicia: Rúa Rodríguez de Viguri, 35. CP:15703. Santiago de Compostela

Archivada en:
Infórmate > Formación y Actividades