Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 24/06/2019 | Federación Autismo Galicia. Desarrollo Asociativo.

AUTISMO GALICIA celebra a súa primeira ASEMBLEA XERAL do ano e apróbase a memoria de Actividades e contas 2018


 

24/06/2019

O pasado xoves 20 de xuño, coa asistencia e representación das entidades celebrouse a primeira Asamblea Xeral do 2019 da Federación Autismo Galicia. Dentro da orde do día presentouse a nova memoria do ano 2018, comentando as novidades do ano, e as accións das diversas áreas de funcionamento da Federación Autismo Galicia, destacando o aumento da atención das persoas con TEA nunha línea de crecemento importante.

 

"Seguimos construíndo espazos nos que sumar accións, con todo o armazón social, as diferentes redes asociativas, os representantes da administración e do ámbito empresarial, puntais fundamentais para a nosa continuidade.
Do mesmo xeito que os profesionais das nosas asociacións, da propia entidade da Federación, aos familiares, pais e nais, aos membros da xunta directiva e as propias persoas con TEA que coa súa voz e maneira de comunicarse, van trazando cada día a folla de roteiro a seguir." Mª José Álvarez Folgar

 

 

A FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA INTEGRA A XUNTA DIRECTIVA DA CONFEDERACIÓN AUTISMO ESPAÑA

Outro dos itos importantes para a Federación e para todas as entidades que a compoñen e a nova participación da Federación Autismo Galicia na xunta directiva da Confederación Autismo España da que formamos parte dende agosto de 2018 en representación das 77 Asociacións que forman parte dela. Sendo membros tamén da Comisión de directivos da Confederación Autismo España, participando na Comisión sobre Accesibilidade Universal, no Grupo de Traballo sobre Emprego e TEA e na Comisión de Comunicación, Comisión de Educación.

 

PALABRAS DA NOSA PRESIDENTA Mª José Álvarez Folgar.

A nosa presidenta Dna. Mª José Álvarez Folgar destacou a traxectoria da Fderación:

"Dende a Federación Autismo Galicia, levamos vinte e tres anos comprometidos por ofrecer a especialización e especificidade que as persoas con TEA e as súas familias demandan. A través das diferentes entidades que forman a nosa Federación e grazas a todas as persoas que traballan e colaboran para un obxectivo en común, imos humanizando o mundo. Entre todos, estamos a integrar a nosa presenza na contorna grazas a unha maior accesibilidade nos espazos de convivencia, os servizos sanitarios, administrativos, educativos e tamén no ámbito laboral."

 

Na asemblea xeral apróbase por unanimidade a Memoria de Actividades 2018 da Federación Autismo Galicia, así como as Contas 2018 da Federación Autismo Galicia, xa dispoñible nesta mesma web.

Así mesmo está a vosa disposición a NOVA MEMORIA 2018 da FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA na plataforma Isuu.

 

Archivada en: