Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 29/04/2021 | Con motivo do 1 de Maio queremos recoñecer e homenaxear á figura das coidadoras e coidadores. Traballando con ASPANAES.

Con motivo do 1 de Maio, DÍA DO TRABALLO, queremos recoñecer e homenaxear á figura das coidadoras e coidadores. Traballando con ASPANAES.

Son profesionais que acompañan ás persoas con TEA no seu día a día, servindo de apoio e de guía para todas as súas necesidades  Estes profesionais contribúen, co seu traballo e ensinos, a que as persoas con autismo poidan aumentar a súa autonomía.

30/04/2021

Con motivo do 1 de Maio,en Aspanaes, queremos recoñecer e homenaxear á figura d@s coidador@s, da rede de centros especializados na atención a persoas con  TEA.

Son profesionais que acompañan ás persoas con TEA no seu día a día, servindo de apoio e de guía para todas as súas necesidades  Estes profesionais contribúen, co seu traballo e ensinos, a que as persoas con autismo poidan aumentar a súa autonomía.

Traballador@s esenciais, formados, vocacionais, que en situacións críticas, como as que nos que tocou vivir, afloran as súas fortalezas, como a  resiliencia, a valentía, o traballo en equipo, o enxeño e a imaxinación, por e para conseguir o benestar dos nosos chicos e chicas con  TEA.

Nesta entrevista, poñemos o foco nos coidador@ s dos servizos de atención residencial e terapéutica de Aspanaes Ferrol e Aspanaes As Pontes que representan a todos os compañer@s que prestan o seu desempeño laboral, na rede de centros e servizos de Aspanaes, grupo profesional que supón o  53,13% do equipo humano da Entidade.

Desde aquí, en nome da Federación Autismo galicia e as entidades que representa, todo o noso recoñecemento e admiración polo labor que desempeñan todos eles. Grazas polo voso traballo.

Especial agradecemento aos entrevistados: Alberto García Mosquera, Coidador Aspanaes Ferrol, e Miriam Barcia Rodríguez, Coidadora Aspanaes As Pontes.

 

 

Gravación e montaxe: Departamento de comunicación Aspanaes.

Edición e montaxe final: Departamento de comunicación Federación Autismo Galicia.

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias