Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 29/04/2021 | As persoas con autismo son o colectivo da discapacidade coa taxa máis alta de desemprego.

As persoas con autismo son o colectivo da discapacidade coa taxa máis alta de desemprego.

Segundo datos de Autismo Europa, entre o 76 e o 90% das persoas adultas con trastorno o espectro do autismo (TEA) está desempregada e non desenvolve ningunha actividade produtiva ou laboral, o que lles converte no colectivo da discapacidade coa taxa máis alta de desemprego.

29/04/2021

O sábado, 1 de maio, celébrase o Día do Traballo, e Autismo Galicia xunto a todas as entidaces de Autismo España reclama medidas que promovan o seu acceso ao mercado laboral para mellorar así a súa calidade de vida.

Acceder a un emprego promove a súa autonomía persoal, a súa participación social e o seu acceso a unha vida independente.

 

Segundo datos de Autismo Europa, entre o 76 e o 90% das persoas adultas con trastorno o espectro do autismo ( TEA) está desempregada e non desenvolve ningunha actividade produtiva ou laboral, o que lles converte no colectivo da discapacidade coa taxa máis alta de desemprego.

 

Todas as entidades da Confederación Autismo España e Autismo Galicia teñen entre as súas prioridades a incorporación ao mercado laboral das persoas con  TEA, xa que é un aspecto esencial para promover a súa calidade de vida. Porque, ademais de ser un dereito inherente a todas as persoas, ter un emprego proporciónalles autonomía persoal e favorece o seu acceso a unha vida independente, á vez que promove a súa participación na sociedade.

 

Barreiras de acceso ao emprego

As dificultades de acceso ao emprego comezan na etapa escolar, porque o sistema educativo non se adapta ás necesidades específicas do alumnado con TEA nin incorpora as súas fortalezas. Así se pon de manifesto no estudo “Emprego e trastorno do espectro do autismo. Un potencial por descubrir” (Autismo España, 2018), que sinala como principais barreiras:

  • A ausencia de programas específicos de apoio e de modelos de formación dual, que proporcionen a cualificación técnica e as competencias necesarias para afrontar a vida adulta e desempeñar un posto de traballo, mediante prácticas en contornas laborais reais.
  • A ausencia e inadecuación da normativa sobre emprego en relación coas persoas con  TEA.
  • A falta de oportunidades de emprego.
  • Os prexuízos existentes no tecido empresarial e o descoñecemento sobre o potencial laboral das persoas con  TEA.

Solucións para mellorar o acceso ao emprego das persoas con  TEA

Coincidindo coa celebración do Día do Traballo, Autismo Galicia, as sús entidades xunto a todas as entidades de Autismo España propóñen levar a cabo unha serie de reformas que axuden a promover o acceso ao mercado laboral das persoas con  TEA, tales como:

  1. Modificar a normativa vixente en materia de emprego de maneira que se considere ás persoas con  TEA, de maneira específica, como colectivo de alta vulnerabilidade. 
  2. Contemplar de maneira específica ás persoas con  TEA como beneficiarias dos programas comúns de activación de emprego, posto que todas elas teñen dificultades para a procura, acceso e mantemento do emprego.
  3. Facilitar o acceso a unha variedade de experiencias laborais e oportunidades de emprego, contando cos apoios necesarios e accedendo a unha variedade de alternativas (emprego con apoio, programas de orientación profesional e intermediación sociolaboral, unidades especializadas, etc.) a través de itinerarios personalizados.
  4. Facilitar o acceso das persoas con  TEA aos programas de emprego de colaboración social con entidades públicas, desenvolvendo alternativas flexibles para conseguilo.

 

O movemento asociativo do autismo xa puxo de manifesto a necesidade de implantar estas reformas o pasado 2 de abril, Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, con motivo da campaña de sensibilización “Podo aprender. Podo traballar”.

 

Publicacións de Autismo España sobre emprego

Co fin de promover o acceso ao emprego das persoas con  TEA, mellorar o coñecemento existente sobre as barreiras ás que se enfrontan e propoñer recomendacións e posibles solucións, Autismo España editou unha serie de publicacións, que poden consultarse na súa web de maneira gratuíta:

 

 

 

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias