Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 01/03/2021 | Asperga en colaboración con Federación Autismo Galicia levaron acabo un ciclo de conferencias con motivo do DMAS

Pechamos a axenda de actividades con motivo do DMAS, coas conferencias de COMUNICACIÓN e LINGUAXE no SA/TEA e ADAPTACIÓNS NA AULA PARA O ALUMNADO SA/ TEA

Tratáronse temáticas de gran relevancia para o colectivo, falamos de accesibilidade e falamos de igualdade de oportunidades. Estas xornadas foron moi concurridas, e dende a Federación Autismo Galicia valoramos e agradecemos a participación das profesionais e as persoas interesadas.

01/03/2021

Durante o mes de febrerio a Asociación Asperga en colaboración coa Federación Autismo Galicia, levaron a cabo un ciclo de conferencias con motivo do DMAS, no que se reuniron profesionais e persoas con TEA para falar das temáticas actuais en realción ao Síndrome de Asperger.

Tratáronse temáticas de gran relevancia para o colectivo como AUTONOMÍA e TEA, COMUNICACIÓN e LINGUAXE no SA/TEA, e ADAPTACIÓNS NA AULA PARA O ALUMNADO SA/ TEA. Tiveron presenza no debate e intercambio de experiencias de personas con TEA nunha MESA REDONDA CON 4 USUARIOS coa temática: COMO INFLUÍU O SA NO teu DESENVOLVEMENTO?

Estas xornadas foron moi concurridas, e dende a Federación Autismo Galicia valoramos e agradecemos a participación das profesionais e as persoas interesadas. É necesario comunicar, sensibilizar formar e crear contornas, programas e ferramentas que permitan que todas as persoas independentemente das súas capacidades, poidan acceder a unha educación ou unha formación para o seu desenvolvemento e autonomía como persoa.

Por isto é fundamental

- A Mellora na detección e identificación temperá das súas características, co obxectivo de acceder canto antes a un diagnóstico especializado e aos apoios específicos que precisa a persoa.

- Garantir o acceso e goce dunha educación individualizada, inclusiva e de calidade en todas as etapas educativas, incluíndo as postobligatorias (formación profesional, ensinos universitarios...).

- Favorecer unha educación libre de bullying e acoso escolar, garantindo a prevención, identificación e intervención especializada que o faga posible.

- Promover o acceso ao emprego e o desenvolvemento da carreira profesional, favorecendo a sensibilización e implicación do tecido empresarial e garantindo os recursos de apoio individualizados que precise cada persoa.

Facerlle espazo á diferenza.

A presidenta de Asperga, Rita González Fernández,  comenta que o obxectivo de xornadas así é que se dean conta os demais, non só as persoas e familias afectadas, “é moi difícil, non hai empatía. Estas persoas esfórzanse a diario porque o resto da sociedade inclúaos no seu mundo, pero non as inclúe en igualdade de condicións. Si, sempre hai quen se preocupa por eles, pero a nivel xeral non hai comprensión. Isto tamén ocorre porque o Asperger non é un trastorno visible, e non ves máis aló. Esa falta de autonomía que teñen eles ou esa falta cognitiva non se ve como un problema, vense como persoas con condutas estrañas que non foron ben educadas para comportarse en sociedade; e non é así, esa é a súa forma de ser dentro do que é o Asperger.”

Falamos de accesibilidade e falamos de igualdade de oportunidades.

No peche da Xornada e falando da importancia das adaptacións na aula a psicóloga Cristina Couto apuntou: “Podemos definir os  TEA como trastornos de gran complexidade que afectan o desenvolvemento e funcionamento cerebral, especialmente nos aspectos máis directamente relacionados co procesamento da información que procede do medio.

Comprender a contorna no que vivimos, os obxectos, o seu uso ou accións que temos que realizar, é unha necesidade psicolóxica básica de todas as persoas. Orientarse no tempo e no espazo, entender o que outros fan e din, saber por que ou para que facemos as cousas, poder anticipar o que faremos despois, permítenos ter maior autonomía e calidade de vida.

Sen coñecer e comprender a contorna, funcionamento, actividades ou normas que se realicen no centro, ningunha persoa pode desenvolverse de forma eficiente e autónoma. Unha mala adaptación cognitiva, por dificultades de comprensión da información, causa  incerteza, ansiedade, dependencia e pasividade, limitando a capacidade de toma de decisións e interacción co medio

As características das persoas con autismo como as dificultades na previsión, a  inflexibilidad de pensamento, a dificultade para manter a información na memoria de traballo ou a dificultade para marcarse metas de maneira organizada sen apoios externos, constitúen un dos problemas que pode xerar máis dificultades e ansiedade na súa interacción coa contorna”.

 

Unha actividade organizada por Asperga en colaboración con Federación Autismo Galicia e subvencionada pola Xunta de Galicia. Consellería de Política Social.

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias