Noticias
© Federación Autismo Galicia | 29/04/2021 | As persoas con autismo son o colectivo da discapacidade coa taxa máis alta de desemprego.
As persoas con autismo son o colectivo da discapacidade coa taxa máis alta de desemprego.
Segundo datos de Autismo Europa, entre o 76 e o 90% das persoas adultas con trastorno o espectro do autismo (TEA) está desempregada e non desenvolve ningunha actividade produtiva ou laboral, o que lles converte no colectivo da discapacidade coa taxa máis alta de desemprego.
29/04/2021
O 1 de maio, celébrase o Día do Traballo, e Autismo Galicia xunto a todas as entidaces de Autismo España reclama medidas que promovan o seu acceso ao mercado laboral para mellorar así a súa calidade de vida.
Acceder a un emprego promove a súa autonomía persoal, a súa participación social e o seu acceso a unha vida independente.
Segundo datos de Autismo Europa, entre o 76 e o 90% das persoas adultas con trastorno o espectro do autismo ( TEA) está desempregada e non desenvolve ningunha actividade produtiva ou laboral, o que lles converte no colectivo da discapacidade coa taxa máis alta de desemprego.
Todas as entidades da Confederación Autismo España e Autismo Galicia teñen entre as súas prioridades a incorporación ao mercado laboral das persoas con TEA, xa que é un aspecto esencial para promover a súa calidade de vida. Porque, ademais de ser un dereito inherente a todas as persoas, ter un emprego proporciónalles autonomía persoal e favorece o seu acceso a unha vida independente, á vez que promove a súa participación na sociedade.
Barreiras de acceso ao emprego
As dificultades de acceso ao emprego comezan na etapa escolar, porque o sistema educativo non se adapta ás necesidades específicas do alumnado con TEA nin incorpora as súas fortalezas. Así se pon de manifesto no estudo “Emprego e trastorno do espectro do autismo. Un potencial por descubrir” (Autismo España, 2018), que sinala como principais barreiras:
- A ausencia de programas específicos de apoio e de modelos de formación dual, que proporcionen a cualificación técnica e as competencias necesarias para afrontar a vida adulta e desempeñar un posto de traballo, mediante prácticas en contornas laborais reais.
- A ausencia e inadecuación da normativa sobre emprego en relación coas persoas con TEA.
- A falta de oportunidades de emprego.
- Os prexuízos existentes no tecido empresarial e o descoñecemento sobre o potencial laboral das persoas con TEA.
Solucións para mellorar o acceso ao emprego das persoas con TEA
Coincidindo coa celebración do Día do Traballo, Autismo Galicia, as sús entidades xunto a todas as entidades de Autismo España propóñen levar a cabo unha serie de reformas que axuden a promover o acceso ao mercado laboral das persoas con TEA, tales como:
- Modificar a normativa vixente en materia de emprego de maneira que se considere ás persoas con TEA, de maneira específica, como colectivo de alta vulnerabilidade.
- Contemplar de maneira específica ás persoas con TEA como beneficiarias dos programas comúns de activación de emprego, posto que todas elas teñen dificultades para a procura, acceso e mantemento do emprego.
- Facilitar o acceso a unha variedade de experiencias laborais e oportunidades de emprego, contando cos apoios necesarios e accedendo a unha variedade de alternativas (emprego con apoio, programas de orientación profesional e intermediación sociolaboral, unidades especializadas, etc.) a través de itinerarios personalizados.
- Facilitar o acceso das persoas con TEA aos programas de emprego de colaboración social con entidades públicas, desenvolvendo alternativas flexibles para conseguilo.
O movemento asociativo do autismo xa puxo de manifesto a necesidade de implantar estas reformas o pasado 2 de abril, Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, con motivo da campaña de sensibilización “Podo aprender. Podo traballar”.
Publicacións de Autismo España sobre emprego
Co fin de promover o acceso ao emprego das persoas con TEA, mellorar o coñecemento existente sobre as barreiras ás que se enfrontan e propoñer recomendacións e posibles solucións, Autismo España editou unha serie de publicacións, que poden consultarse na súa web de maneira gratuíta:
- Estudo “Emprego e trastorno do espectro do autismo, un potencial por descubrir”
- "Guía de orientación vocacional para persoas con trastorno do espectro do autismo"
Proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia – Consellería de Política Social.
Proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia – Consellería de Política Social
Archivada en:
Infórmate > Noticias