Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 27/04/2021 | Autonomía en persoas con autismo e transición á vida adulta.

Autonomía en persoas con autismo e transición á vida adulta.

Todas as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo que poidan ter ao seu alcance unha intervención adecuada, chegarán a ser persoas cunha vida plena, este é un dereito universal e fundamental.

27/04/2021

Ser independente e autónomo é un obxectivo a longo prazo para todas as persoas. A sensación de realización e competencia é motivadora para os nenos e nenas cando empezan a realizar tarefas por si mesmos. Este desexo pola independencia está presente tamén, por suposto, nas persoas con autismo. Alcanzar esa independencia, con todo, é máis complicado.

O obxectivo da independencia é unha prioridade, e no caso das persoas con autismo, é a clave para a súa integración na sociedade e no emprego.

ATENCIÓN TEMPERÁ

O proceso de autonomía en persoas con autismo empézase a realizar desde unha idade temperá e de forma continua e supervisada por terapeutas especializados, cun enfoque multidisciplinar, traballando procesos de autonomía persoal e motivando a capacidade de empoderamento.

Outro concepto que vai moi ligado a este e que é necesario definir é a autodeterminación, que se refire a actuar como o principal axente  causal da súa vida e facer eleccións e tomar decisións respecto a calidade de vida propia, sen influencias ou interferencias externas innecesarias, é dicir, que a persoa sexa capaz de elixir e facerse responsable das súas decisións.

As características das persoas con TEA e o seu perfil de desenvolvemento persoal e social obrigan a definir obxectivos e necesidades de apoio específicos.

Estes obxectivos son necesarios expoñelos en base ás capacidades e necesidades de apoio de cada persoa.

A atención e intervención nos primeiros anos de vida é fundamental porque existe maior probabilidade de mellora e aprendizaxes significativos, debido á plasticidade neuronal do cerebro infantil. É importante Identificar os elementos e circunstancias que interferen no desenvolvemento e poñer en marcha as accións e programas necesarios que faciliten o desenvolvemento integral.

 

As persoas con TEA poden ter unha serie de dificultades que se van a expresar de forma diferente en cada unha delas, e que van ter moito que ver co contexto no que se desenvolven.

ESTRATEXIAS XERAIS

Algunhas estratexias xerais que podemos ter en conta para mellorar a comprensión, a autorregulación e, por tanto, a autonomía en moitas persoas con  TEA, serían:

O uso de apoios visuais: podemos ofrecerlles información sobre eventos que van ocorrer, e darlles instrucións, por exemplo, para aclararlles a secuencia de  cepillarse os dentes. As imaxes permanecen máis tempo que as palabras.

Estruturación a nivel espacial e temporal: a orde adoita ser un bo aliado. A  previsibilidade, tamén. Mediante por exemplo o uso de axendas e outras estratexias, como o uso de temporizadores, podemos axudar ás persoas con TEA a ir tolerando os cambios e os imprevistos.

 Usar unha metodoloxía sen erro: isto supón analizar as actividades de forma coidadosa para así asegurar o éxito da persoa con TEA ao practicala. Aos poucos, iranse eliminando os apoios ofrecidos.

Usar unha linguaxe clara: dependendo da persoa, unha linguaxe simple, enunciado en positivo pode ser unha gran axuda. Ademais, temos que asegurar a súa comunicación, usando Sistemas de Comunicación Aumentativa e Alternativa se fosen necesarios.

Partir das áreas de interese, usando tarefas manipulativas e motivantes: as aprendizaxes deben ser útiles, funcionais, divertidos, etc. Débense realizase unha práctica en contextos naturais ou ofrecer estratexias para xeneralizar a outros contextos.

Respectar o perfil sensorial e apoiar a autorregulación: moitas persoas con TEA teñen problemas de integración sensorial, polo que se pode consultar cun Terapeuta Ocupacional especializado para coñecer o seu perfil sensorial, e a partir de aí realizar actividades e traballar con materiais que lles axude a mellorar o seu desempeño funcional.

Reforzar, reforzar e reforzar en positivo: están a esforzarse, están a tentalo, así que imos lembrarlles o orgulloso que sentimos.

 

 

Para calquera consulta na Federación Autismo Galicia contas con:

UNHA REDE DE SERVICIOS PARA PERSOAS CON TEA 

UNHA REDE DE SERVICIOS PARA FAMILIAS

Para máis información non dubides en consultarnos. Chámanos ou ponte en contacto  NÉSTE FORMULARIO.

Archivada en:
Infórmate > Noticias