Cookies

Noticias 

Autonomía persoal das persoas con TEA. Proxecto CoidamosTEA

Presentámosvos un novo vídeo da serie pertencente ao Proxecto #CoidamosTEA, no que iremos compartindo algunhas das dificultades habituais que presentan as persoas con TEA e propoñendo estratexias sinxelas e prácticas para facilitar a vida diaria do voso familiar con TEA, a través das explicacións de varios profesionais das nosa rede de entidades federadas.

22/11/2021

O xeito de pensar por un mesmo e tomar decisións, directamente relacionado coa vida independente. Esto é a autonomía persoal.

A autonomía persoal e social é a capacidade que ten unha persoa para planificar e tomar decisións con iniciativa propia. Estas decisións son personais e establecen como vai vivir o individuo e como leva a cabo as súas relación persoais. Traballar e acompañar na medida que precise e de xeito constante coa persoa con TEA, e fundamental para darlle pulo as súas capacidades e habilidades e capacidade de aprendizaxe.

DIFICULTADES PARA ACADAR A AUTONOMÍA

  • Distraccións
  • A orde dos procesos
  • A influencia das contornas
  • Falta de iniciativa

ESTRATEXIA PARA FOMENTAR A AUTONOMÍA NA VIDA COTIÁ

  • Coa roupa
  • Coa alimentación
  • Coa hixiene e coidado persoal
  • Coa menstruación:
  • os cambios, produtos de hixiene, métodos, apps para os periodos.
  • Coas tarefas do fogar:
  • vogada, compras, cociñar, limpeza

A continuación Ana Domínguez Fernández Terapeuta Ocupacional falaranos con máis detalle deste tema.

GUÍA Coidamos TEA: Guía para familias que reciben o diagnóstico de TEA

Recadamos varios aspectos na guía recollidos en 3 bloques:
 
  • No primeiro recollemos as inquedanzas e sentimentos que aparecen coa noticia do diagnóstico. Presentamos que é o autismo e as súas características. Para finalizar con este primeiro apartado, desmontaremos as falsas crenzas sobre o TEA.
  • No segundo bloque, falaremos da importancia da Comunicación e dos diferentes tipos de Apoios que poden facilitar a calidade de vida da persoa con TEA e da súa familia. Así como os autocoidados das persoas coidadoras. Abordaremos tamén outros temas transversais como a Educación e a Intervención e Terapias.
  • No terceiro bloque, recollemos bibliografía, recursos e o directorio de entidades federadas en Autismo Galicia.

 

CONSULTA E DESCARGA A GUÍA Coidamos TEA: Guía para familias que reciben o diagnóstico de TEA. PREME AQUÍ

PROXECTO CoidamosTEA

Dende o momento en que unha familia recibe un diagnóstico de TEA (trastorno do espectro do autismo) prodúcese un impacto que alterará a dinámica familiar. Estas requiren de moito apoio e de adquisición de competencias e habelencias que se van acadando coa experiencia e coa aprendizaxe recibida.

Co PROXECTO CoidamosTEA preténdese reforzar a capacitación das familias a partir de dúas accións de apoio: Informativa e Orientativa. Respóndese así ás necesidades fundamentadas da experiencia das persoas con TEA, as súas familias e coa especialización dos profesionais que realizan a atención.

Vídeo realizado coa colaboración de Asociación Por Eles TEA.

Autoría: Autoría: Ana Domínguez Fernández, Terapeuta Ocupacional. Asociación Por Eles

 

Dirección e montaxe: Federación Autismo Galicia.

Subvencionado pola Xunta de Galicia, Consellería de Política Social, a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF).

 


 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias