© Federación Autismo Galicia | 17/02/2022 | WEBINARIO Saúde para todas: Experiencias profesionais e testemuños de mulleres con TEA.
WEBINARIO Saúde para todas: Experiencias profesionais e testemuños de mulleres con TEA.
ACTIVIDADE DE SENSIBILIZACIÓN ON LINE DA FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA CON GALLO DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. Actividade de sensibilización que recolle por unha banda, as experiencias prácticas profesionais sobre o coñecemento da saúde e a detección e apoio das necesidades das mulleres con autismo e por outra, testemuños vitais de mulleres con TEA sobre as súas experiencias no coidado da saúde. INSCRÍBETE AO WEBINARIO GRATUÍTO PREME AQUÍ
ACTIVIDADE DE SENSIBILIZACIÓN ON LINE DA FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA CON GALLO DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.
Organiza: Federación Autismo Galicia
Financiado por: Convenio de Colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, sensibilización e accesibilidade cognitiva no entorno sanitario
DESCRICIÓN: Actividade de sensibilización que recolle por unha banda, as experiencias prácticas profesionais sobre o coñecemento da saúde e a detección e apoio das necesidades das mulleres con autismo e por outra, testemuños vitais de mulleres con TEA sobre as súas experiencias no coidado da saúde.
Día: Mércores, 9 de marzo de 2022
Evento On Line a través de zoom.
Hora: 17.00 a 19.00 h
Inscricións: abertas ata o: Venres 4 de marzo de 2022 ás 13:00 horas. Confirmaremos a praza por correo electrónico e facilitaremos o enlace para súa participación.
INSCRÍBETE AO WEBINARIO GRATUÍTO PREME AQUÍ
PROGRAMA
Presentación do acto:
Presidenta da Federación Autismo Galicia: Dna. Mercedes Fernández Angulo.
Servicio de Saúde Mental da Subdirección de Atención Primaria do Servizo Galego de Saúde: Dona María Tajes Alonso.
Saúde para todas: “Experiencias profesionais e testemuños de mulleres con TEA
Modera: Cristina Couto. Federación Autismo Galicia.
Mesa 1: O coidado da saúde das nenas e mulleres con TEA.
- A saúde da muller con TEA. Uxío Amil. Psicólogo asociación Asperga.
- Experiencia: A miña experiencia coa maternidade. Marina Caparrós ( Asperga)
- Abordaxe integral desde o nesgo feminino (apoio na afectividade, relacións, sexualidade...). Laura Rodríguez. Psicóloga Fundación Menela.
- Experiencia: As necesidades que temos en consulta. Alba González(Fundación Menela)
Mesa 2. Boas prácticas na mellora da atención e coidado da saúde:
- O Hospital Clínico Universitario de Santiago e as asociacións de pacientes. Atención sanitaria os pacientes con necesidades especiais Beatriz Pais Subdirectora de Calidade Asistencial, Humanización e Atención ao Paciente
- Benestar emocional das mulleres con TEA no acceso consulta de xinecoloxía: Programa de habituación do Centro de día de Villestro. Raúl Crespo psicólogo e Silvia Eiroa terapeuta ocupacional (Aspanaes)
- Experiencia: O coidado da saúde da miña filla. Mª Jesús Lema (Aspanaes)
Rolda de preguntas
Peche do Webinario: Presidenta da Federación Autismo Galicia: Dna. Mercedes Fernández Angulo.
INSCRÍBETE AO WEBINARIO GRATUÍTO PREME AQUÍ
Lugar de celebración:
Evento On Line a través de zoom.