Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 17/06/2022 | Nova coordinación da rede de accesibilidade cognitiva da Federación Autismo Galicia.

Nova coordinación da rede de accesibilidade cognitiva da Federación Autismo Galicia.

A Rede de Accesibilidade Cognitiva de Federación Autismo Galicia  reuniuse este mes de xuño para a valoración do traballo e as novidades que se veñen desenvolvendo en accesibilidade cognitiva.

 

17/06/2022

A Rede de accesibilidade cognitiva formada por entidades federadas a Autismo Galicia reúnese para compartir experiencias, facer propostas de actuación, e considerar procesos de mellora na xestión e aplicación dos diferentes proxectos que desenvolve a Rede. Ademais disto, reservouse un espazo de actualidade, onde se expoñen e dan a coñecer as novidades sobre accesibilidade cognitiva.

As entidades que compoñen a rede (ASPERGA, ASPANAES, Capaces Lugo, Asteavi, Menela, TRASCOS, Por Eles Tea Ourense e Asociación Un Mais),  desenvolven un servizo coordinado e con medidas de accesibilidade homoxeneizadas de concienciación e de transformación da nosa contorna, baseado en actuacións concretas en accesibilidade cognitiva para actuar na mellora dos diferentes espazos, materiais e servicios que nos rodean, así coma para a promoción da formación, asesoramento, sensibilización en TEA e accesibilidade cognitiva.

 

 

 

Subvencionado por Xunta de Galicia -Consellería de Política Social- a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF)

 

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias