Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 16/06/2022 | Día da Atención Temperá. Polo dereito a unha atención temprana especializada que garanta a igualdade de oportunidades para todas as persoas con TEA

Día da Atención Temperá. Polo dereito a unha atención temperá especializada que garanta a igualdade de oportunidades para todas as persoas con TEA

No día da atención temperá, Autismo Galicia reivindica que a protección e o apoio a infancia con discapacidade ten que ser un dos obxectivos prioritarios das administracións públicas.

16/06/2022

Segundo a Estratexia Nacional de Autismo, a relevancia que ten a atención temperá para o desenvolvemento dun neno ou unha nena con TEA e o impacto que produce na súa calidade de vida e na dos demais membros da súa familia, fai preciso que se garanta a calidade nas intervencións que se prestan desde este tipo de servizos, proporcionando unha atención adaptada ás necesidades do menor con TEA e a súa familia, con equipos interdisciplinares compostos por profesionais altamente cualificados, a través da formación continua en modelos e técnicas específicas para a atención integral a nenos e nenas que presentan TEA.

Intentar cubrir de forma transversal todos os ámbitos de vida dos menores. Mellorar e desenvolver actividades efectivas na detección, diagnóstico e atención temperá nas mesmas condicións en igualdade en todo o territorio.  E o reforzo e modernización de políticas sociais, que garantan os apoios necesarios para mellorar o desenvolvemento persoal e a calidade de vida das persoas con TEA e as súas familias, como recollen as directrices xerais da estratexia de desenvolvemento sostible (Axenda 2030, Organización de Nacións Unidas).

Atención temperá específica e especializada en autismo como principal reivindicación.

Coñécese como “atención temperá” ao conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos diagnosticada de TEA (ou en risco de presentalo), á súa familia e á súa contorna, para dar resposta o máis pronto posible ás necesidades que presenten nas primeiras etapas do desenvolvemento evolutivo.

Así, a investigación apunta a que os nenos/as que son completamente non verbais e que comezan a intervención nos primeiros anos preescolares, teñen moitas máis probabilidades de volverse verbais aqueles que comezan a intervención despois dos 5 anos.

Unha das principais reivindicacións das persoas con TEA e das súas familias é garantir o diagnóstico e o acceso a atención temperá individualizada e especializada en TEA, por parte de equipos multidisciplinares formados en TEA. Que realicen modelos de intervención baseados na evidencia científica e co consenso profesional, que incorporen os intereses das persoas con TEA, os da súa familia e maximicen o seu desenvolvemento persoal e calidade de vida.

Análise normativa da atención temperá que reciben os nenos e as nenas con Trastorno do Espectro do Autismo en España.

No estudo de Autismo España pon de manifesto a gran disparidade normativa entre as distintas comunidades autónomas en materia de atención temperá. Estímase que, nalgunhas comunidades, hai máis de 1.400 familias en lista de espera dos servizos de atención temperá. A Confederación insiste en reclamar unha atención temperá especializada e igualitaria en todo o territorio español para todos os nenos e nenas con autismo de 0 a 6 anos.

PODES CONSULTAR O INFORME COMPLETO DE AUTISMO ESPAÑA PREMENDO AQUÍ

 

 

 

 

 

PROXECTO Axenda de Contidos de interese para o colectivo TEA. Proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia – Consellería de Política Social.

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias