Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 15/06/2022 | Coñece o servizo de accesibilidade cognitiva da Federación Autismo Galicia co vídeo de presentación “Poñámonos en marcha”

Coñece o servizo de accesibilidade cognitiva da Federación Autismo Galicia co vídeo de presentación “Poñámonos en marcha”

Coa campaña #XuñoAccesible achegámonos a novas propostas para a promoción da accesibilidade cognitiva. Presentamos o novo vídeo “Poñámonos en marcha”, que perfila as accións coomprendidas polo servizo de accesibilidade cognitiva da Federación Autismo Galicia e os ámbitos nos que se poden desenvolver.

15/06/2022

A accesibilidade cognitiva mellora o acceso á información

Por medio do servizo de Accesibilidade Cognitiva, e a Rede de Accesibilidade de Autismo Galicia, abandeiran estratexias de sensibilización e de promoción da accesibilidade nas contornas galegas –xa sexan de ámbito público ou privado-. Estas propostas para a mellora da accesibilidade cognitiva engloban multitude de accións como poden ser seminarios formativos, adecuación de materiais ou instrumentos, sinalética, lectura fácil, campañas online...etc.

Tanto en contornas educativas, como sociais ou sanitarias a accesibilidade cognitiva é un pilar fundamental para que as persoas poidamos ter acceso á información dun xeito igualitario, e así, participar na nosa sociedade por nós mesmos/as. Neste mes de xuño de 2022 dedicado á accesibilidade cognitiva, propoñemos con esta iniciativa facer a sociedade máis accesible con pequenos cambios día a día.

Coa chegada da iniciativa en accesibilidade cognitiva #xuñoaccesible por parte da Federación Autismo Galicia,  contemplamos o escenario perfecto para a presentación do noso vídeo: Poñámonos en marcha” , a segunda curta da serie do Servizo de Accesibilidade explica cal é o servizo de accesibilidade cognitiva da FAG, e as múltiples accións que permiten mellorar o aceso á información e á participación cidadá -en canto a accesibilidade- na nosa contorna.

Neste documento audiovisual, enmarcado dentro do Servizo de Accesibilidade Cognitiva, atoparemos unha ferramenta de promoción do recurso e de difusión da accesibilidade cognitiva para achegar ás barreiras de moitas persoas con TEA (e moitas outras persoas) á opinión pública, e impulsar así unha sociedade máis inclusiva.

O vídeo da serie de accesibilidade: “Poñámonos en marcha”: Pequenas accións, grandes resultados

Dende Federación Autismo Galicia contamos có Servizo de Accesibilidade Cognitiva, onde impulsamos e promovemos a accesibilidade cognitiva para a mellora das nosas contornas, e facilitar a participación de todas as persoas na súa comunidade. Con este obxectivo, reflectimos os pasos que damos no noso recurso de accesibilidade, así como as accións contempladas para desenvolvelo na comunidade galega.

“Poñámonos en marcha”, recolle todas as accións e procesos que se levan a cabo dende o servicio de accesibilidade cognitiva, así como o que abarca o proceso a seguir unha vez concertado dito recurso e comezado o servizo. Con esta curta pretendemos facer máis próximo un recurso que está á man de todas as persoas, e demostrar que para mellorar as nosas contornas, instrumentos ou servizos, non require demasiado, só decatarse de que o cambio está no nosa man.

Sensibilizar na realidade social na que nos atopamos

Xuño é un mes onde as pílulas e os tips sobre accesibilidade están inundando as nosas redes sociais, para achegar á sociedade estratexias sinxelas en accesibilidade. Así, mergullámonos nos recursos de accesibilidade cognitiva, e tamén na presentación dos vídeos do servizo de accesibilidade cognitiva; xa que: todo é accesible.

Coñece a COLECCIÓN EDITORIAL en ACCESIBILIDADE COGNITIVA da Federación Autismo Galicia

Establecendo unhas liñas de actuación e de conxunción de conceptos clave para o desenvolvemento do servizo de accesibilidade cognitiva, dende a Federación Autismo Galicia, e máis concretamente dende o servizo de accesibilidade, elabóranse e publícanse unha serie de documentos que abalan tanto o proceder do servizo como os conceptos específicos cando nos referimos a accesibilidade e mais o TEA.

Estes manuais están dispoñibles en formato papel e dixital, e pódense descargar dende a páxina web da federación de xeito totalmente gratuíto. Coñece a COLECCIÓN EDITORIAL en ACCESIBILIDADE COGNITIVA da Federación Autismo Galicia.

 

 

 

Subvencionado por Xunta de Galicia -Consellería de Política Social- a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF)

 

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias