Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 10/06/2022 | CONTRATOS PROGRAMA INCLÚE (CPINCLÚE) 2022/2023: NOVA CONVOCATORIA PARA AXUDAS AOS CENTROS EDUCATIVOS DEPENDENTES DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN.

CONTRATOS PROGRAMA INCLÚE (CPINCLÚE) 2022/2023: NOVA CONVOCATORIA PARA AXUDAS AOS CENTROS EDUCATIVOS DEPENDENTES DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN.

Un novo prazo para a solicitude das axudas para os Contratos Programa Inclúe da Consellería de Cultura, Educación e Universidades da Xunta de Galicia, comeza hoxe 10 de xuño e rematará o próximo 20 de setembro de 2022.

10/06/2022

SENSIBILIZACIÓN E ACCIÓNS EN ACCESIBILIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS GALEGOS 

A iniciativa de Contratos-programa Inclúe (CPInclúe) 2022/2023 constitúe un instrumento de apoio aos centros para que, dentro da súa autonomía, e en consonancia cos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) da Axenda 2030, concretamente cos obxectivos 4 (Educación de calidade) e 5 (Igualdade de xénero), poidan desenvolver un plan de actuación no que poidan, en función das necesidades detectadas e do seu proxecto educativo, acadar o éxito educativo a través da implementación de programas que promovan a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a inclusión, a redución das taxas de abandono escolar temperán, o desenvolvemento da competencia emocional e, en xeral, a mellora do clima escolar de toda a comunidade educativa.

TODA A INFO EN CONTRATOS-PROGRAMA INCLÚE (CPInclúe) 2022/23 | Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Igualmente, o CPInclúe está en consonancia coas pautas do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica que incorpora espazos accesibles e inclusivos para toda a comunidade educativapara o uso equitativo e igualitario, desde a visión da accesibilidade e do deseño universal e derrubando barreiras. En definitiva, o fin último é lograr unha educación de calidade para todo o alumnado, desenvolver o máximo posible as súas potencialidades e, xa que logo, contribuír á mellora da calidade do sistema educativo de Galicia.

A Federación Autismo Galicia desenvolveu máis de 50 proxectos de accesibilidade cognitiva en contextos educativos

Dende a Federación Autismo Galicia, contamos có SERVIZO DE ACCESIBILIDADE COGNITIVA polo cal, estamos a desenvolver proxectos de accesibilidade cognitiva nos diferentes centros educativos galegos, que son impulsados por estas axudas da consellería. Deste xeito, fomentamos a sensibilización do persoal traballador do centro educativo ademais da dos educandos por medio de obradoiros específicos de accesibilidade cognitiva e TEA; e traballamos nunha mellora do espazo escolar adaptando a contorna ás necesidades das diversidades que se dan no centro educativo, e máis concretamente, ao colectivo do trastorno do espectro do autismo (TEA).

Grazas a confianza dos centros educativos galegos, nestes últimos anos, desenvolvemos máis de 50 proxectos en accesibilidade cognitiva dentro e fora das aulas, así como nas contornas educativas.

CONTÁCTANOS PARA INFORMACIÓN EN ACCESIBILIDADE

Estamos á vosa disposición para compartir con vós o noso proxecto de acción social e transformación urbanística. Se queredes obter información do noso servizo en accesibilidade cognitiva en centros educativos -ou en contornas sociais- e non deixar pasar esta axuda da consellería, non dubidedes:  contactade coa Federación Autismo Galicia sita na Rúa do Home Santo de Bonaval nº74 (Santiago de Compostela): no teléfono 981 589 365 ou no enderezo electrónico accesibilidade@autismogalicia.org

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias