Agenda de actividades

© Federación Autismo Galicia | 18/05/2022 | I CURSO INTRODUCCIÓN AO TEA da Asociación Por Eles TEA

I CURSO INTRODUCCIÓN AO TEA da Asociación Por Eles TEA

O curso diríxese a graduados/ as en maxisterio, psicoloxía, logopedia, psicopedagoxía, terapia ocupacional, integración social, educación social, entre outras formacións relacionadas cos ámbitos sanitario, educativo e social. INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

01/06/2022 -

O curso está orientado a mellorar a calidade de vida e favorecer a inclusión de persoas con TEA, a través da formación e sensibilización de profesionais.
Este curso está dirixido a profesionais e futuros profesionais de maxisterio, psicoloxía, logopedia, psicopedagoxía, terapia ocupacional, integración social, educación social, entre outras formacións relacionadas cos ámbitos sanitario, educativo e social. Que traballen con persoas con TEA ou queiran facelo nun futuro, e desexen adquirir coñecementos básicos para ser profesionais cualificados.
 
 
O I Curso de Introdución ao TEA - Por Eles busca formar sobre TEA á poboación, para lograr unha atención especializada e de calidade ao colectivo TEA.
 

Obxectivos:

- Coñecer as teorías explicativas que existen sobre o TEA.
- Identificar as principais características psicolóxicas das persoas con TEA.
- Recoñecer unha intervención profesional de calidade desde os ámbitos da Psicoloxía, Terapia Ocupacional e Logopedia.
- Coñecer programas, metodoloxías e ferramentas para implementar na intervención con persoas con TEA.
- Promover valores relacionados coa empatía, a tolerancia e o respecto á diversidade e a inclusión en situacións desde o punto de vista profesional e das familias.
- Analizar as posibilidades de crecemento e transición a unha vida independente para persoas con TEA.
 
 
DESTINATARI@OS: O curso diríxese a graduados/ as en maxisterio, psicoloxía, logopedia, psicopedagoxía, terapia ocupacional, integración social, educación social, entre outras formacións relacionadas cos ámbitos sanitario, educativo e social. Así como familiares que queren formarse e aprender máis sobre as persoas con TEA.

Módulos:

12 horas de formación presencial que se desenvolven ao longo de 3 sesións. Cada sesión ten un carácter teórico-práctico para afianzar coñecementos.

Módulo 1 / 1 de xuño: 16 h. - 20 h.
 
- Introdución: teorías explicativas e características psicolóxicas do TEA.
- Avaliación e diagnóstico. Sinais de alerta no desenvolvemento.
-Desenvolvemento cognitvo-académico.
 
Módulo 2 / 8 de xuño: 16 h. - 20 h.
 
- Intervención e apoio desde a Terapia Ocupacional.
- Intervención en TEA verbal e non verbal.
 
Módulo 3 / 15 de xuño: 16 h. - 20 h.
 
- Formando equipo: familia e profesionais.
 
Táboa de prezos:
Prezo por módulo: 30€
Prezo total do curso: 75€ 10% de desconto para socios/ as de PETEA
 
 
Lugar de realización: Aula usos múltiples IES Branco Amor (Rúa Vicente Risco, 13, 32001 Ourense).
 
Prazas dispoñibles: cóntase cun total de 30 prazas que se adxudicarán por orde de inscrición (mínimo 10 participantes para a realización do curso).
 
Prazo de inscrición: ata o 22 de maio de 2022 (peche ás 23:59 h).
 
Unha vez formalizada a inscrición, enviaráselle un correo para informarlle sobre como realizar o pago e os seguintes pasos a realizar.
 
MÁIS INFO formación.peteaou@gmail.com - Teléfono: 988 701 658
 
 

 

Lugar de celebración:

Aula usos múltiples IES Branco Amor (Rúa Vicente Risco, 13, 32001 Ourense).

Archivada en:
Infórmate > Agenda de Actividades