Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 25/11/2022 | No día contra a Violencia de Xénero, Autismo Galicia lembra que as mulleres e nenas no espectro do autismo son especialmente vulnerables ante as distintas formas de violencia de xénero.

No día contra a Violencia de Xénero, Autismo Galicia lembra que as mulleres e nenas no espectro do autismo son especialmente vulnerables ante as distintas formas de violencia de xénero.

A violencia contra as nenas e mulleres con autismo é unha realidade invisibilizada. Máis do 40% das mulleres con discapacidade sufriu violencia na parella ao longo da vida, en comparación co 32% das mulleres sen discapacidade.

25/11/2022

A última Macroencuesta de violencia contra a muller 2019 sinala que o 40,4% das mulleres con discapacidade sufriu violencia na parella ao longo da vida, en comparación co 31,9% das mulleres sen discapacidade. Aínda que as mulleres con TEA non están contempladas especificamente nas estatísticas oficiais, a investigación apunta a que son especialmente vulnerables #ante as distintas formas de violencia de xénero (sexual, psicolóxica, agresións, esterilización forzosa, etc). 

A esta invisibilidade nos datos súmase o seu infrarrepresentación no ámbito da investigación sobre o autismo, que tradicionalmente recolleu as características e perspectivas dos nenos e homes que o manifestan. Esta falta de perspectiva de xénero deu lugar a que as mulleres e nenas reciban máis diagnósticos previos erróneos ou tardíos, dificultando así o acceso aos recursos especializados de apoio que precisan.

Desde Autismo Galicia non somos alleas ás reivindicacións feministas que ocupan un espazo relevante nas axendas sociais e políticas a escala nacional e internacional. A reivindicación polo dereito das mulleres a lograr os medios e a independencia para facer e decidir sobre aquilo que nos permite mellorar a nosa situación, e para desenvolvernos persoalmente en plenitude.

É, para o noso colectivo fundamental aplicar a perspectiva de xénero á hora de analizar, tratar e reivindicar o cumprimento dos dereitos das persoas con TEA xa que aínda que debe considerase na elaboración de calquera política ou intervención, no noso caso cobra unha especial relevancia xa que historicamente o diagnóstico de autismo deuse en moita maior proporción en homes que en mulleres.

E debido a que a sintomatoloxía do autismo é moi diferente en mulleres e homes faise necesario tamén sensibilizar e traballar na importancia da detección temperá e o diagnóstico tardío nas mulleres.

 

Cales poderían ser indicadores de TEA en mulleres? PREME E DESCARGA A INFOGRAFÍA

Muller e TEA dende a perspectiva de xénero. PREME E DESCARGA A INFOGRAFÍA

Autismo España leva a cabo unha investigación para analizar como afecta a violencia contra as nenas e mulleres no espectro do autismo e identificar os facilitadores e barreiras que existen na rede de servizos xerais que atenden a mulleres vítimas de violencia de xénero.

Atender esta realidade e dar resposta aos dereitos fundamentais das mulleres e as nenas no espectro do autismo é unha prioridade para Autismo España.
Por iso, este ano Autismo España puxo en marcha unha liña de investigación dirixida a analizar como afecta a violencia contra as nenas e mulleres con TEA que persegue os seguintes obxectivos: 
 
  • Identificar as necesidades específicas de prevención, atención e intervención das mulleres no espectro do autismo que foron, ou son, vítimas de violencia de xénero. 
  • Analizar os facilitadores e barreiras que existen na rede de servizos xerais que atenden a mulleres e nenas vítimas de violencia de xénero, para dar unha resposta especializada ás necesidades daquelas que, ademais, teñen un diagnóstico no espectro do autismo. 
  • Deseñar recomendacións e boas prácticas para profesionais da rede de recursos de apoio a mulleres vítimas de violencia ou do movemento asociativo do autismo, así como ás propias mulleres e nenas con TEA, para que poidan detectar se están a ser expostas a unha situación de violencia. 
 
Os resultados desta investigación permitirán favorecer unha resposta especializada ás situacións de violencia de xénero que experimentan as mulleres con trastorno do espectro do autismo, centrada na prevención, a detección precoz e o apoio ás vítimas. Ademais, durante este ano facilitamos ferramentas e formación a equipos profesionais dos recursos comunitarios que atenden a vítimas deste tipo de violencia, promovendo a especialización das súas actuacións. 
Avanzar no coñecemento sobre a realidade das mulleres e nenas con TEA, especialmente aquelas que foron, ou son, vítimas de violencia de xénero, permitirá visibilizar esta realidade ata o momento non investigada, así como desenvolver políticas públicas e sistemas de apoio que inclúan as súas necesidades e garantan os seus dereitos, eliminando calquera tipo de discriminación ou risco de ser vítimas de abusos ou violencia por razón de sexo. 

Datos de participación no estudo .

PODES PARTICIPAR NO ESTUDO PREMENDO AQUÍ

O estudo de investigación sobre violencia contra as nenas e mulleres con TEA está aberto á participación daquelas mulleres no espectro do autismo que fosen vítimas de violencia, así como a familiares, persoas que lles facilitan apoios ou profesionais que atenden a mulleres vítimas de violencia de xénero.  
 
Ata a data, recóllense testemuñas de cinco mulleres no espectro do autismo vítimas de violencia de xénero, unha vintena de profesionais do ámbito da violencia contra as mulleres (entidades sociais de recursos dirixidos a mulleres vítimas deste tipo de violencia, recursos de atención e intervención e institutos de mulleres) e dous profesionais do movemento asociativo do autismo. As persoas participantes residen nas comunidades de Asturias, Andalucía, Canarias, Cantabria, Castela e León, Cataluña, Comunidad de Madrid, Estremadura e Illas Baleares. 
 
 
 
 

 

PROXECTO Axenda de Contidos de interese para o colectivo TEA. PROGRAMA DE INCIDENCIA SOCIAL. Proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia – Consellería de Política Social.

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias