Cookies

Formación y actividades

© Federación Autismo Galicia | 08/11/2022 | WEBINARIO FOMENTAR O ENVELLECEMENTO ACTIVO DAS PERSOAS CON TEA. DIFICULTADES E OPORTUNIDADES.

WEBINARIO FOMENTAR O ENVELLECEMENTO ACTIVO DAS PERSOAS CON TEA. DIFICULTADES E OPORTUNIDADES.

O curso está destinado principalmente a familias e persoas con TEA. Estará aberto a profesionais do ámbito sanitario e social, educación e distintos ámbitos de interese. INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

24/11/2022 -

"Envellecer é unha conquista social. Que unha persoa con TEA teña unha boa vellez tamén depende de como se lles mire e de como se lles fale".

PROGRAMA E SERVIZOS PARA FAMILIAS E PERSOAS CON TEA.

Obxectivo: Reunir información das persoas con TEA ou familias sobre o seu envellecemento e ofrecer ferramentas de apoio que axuden, orienten e fomenten o envellecemento activo, e polo tanto, melloren a calidade de vida das  persoas maiores con TEA

Data de realización: 24 de novembro de 2022

Lugar de realización: Modalidade Online a través de ZOOM

Horario: 17h - 19h

Número de prazas: 100

INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

Persoas destinatarias: O curso está destinado principalmente a familias e persoas con TEA. Estará aberto a profesionais do ámbito sanitario e social, educación e distintos ámbitos de interese.

Darase prioridade a familias de persoas con TEA e persoas con TEA maiores de 40 anos.

 

Prazo de inscrición: ata o 21 de novembro de 2022. Confirmaráselle a praza por correo electrónico unha vez finalizado o prazo de inscrición.

 

DOCENTE: GONZALO BERZOSA ZABALLOS

Psicólogo e xerontólogo. Licenciado en Filosofía e Letras. Experto en Educación Permanente de Adultos  e en animación sociocultural. Máster en Xerontoloxía, Xestión de Centros Sociais e en Recursos Humanos. Director do Instituto de Formación en Xerontoloxía e Servizos Sociais (INGESS).

Foi Presidente de Nagusilán Madrid, organización de voluntariado para maiores, Director do Máster en Xerontoloxía Educativa e Social da Universidade Complutense de Madrid e profesor en cursos de máster das Universidades de Madrid, Selecta, Salamanca, Lérida, Murcia, Estremadura e País Vasco.

Participou como profesor en cursos de formación de profesionais do IMSERSO, institucións penais, Cruz Vermella e Escola Nacional de Saúde. Realizou diferentes publicacións sobre temas de xerontoloxía, envellecemento activo, servizos sociais, discapacidade intelectual, voluntariado social, desenvolvemento organizacional e habilidades directivas

PROGRAMA

1. Envellecer é un proceso individual, pero envellecer ben é un proceso comunitario.

Papel dos equipos profesionais e da contorna familiar.

2. Envellecer ben non se improvisa. Envellecemos como vivimos

Desempeñar roles socialmente valorados na vida adulta

3. Tres eixos de intervención para promover un envellecemento saudable:

·  Saúde e autocoidado

·   Sociabilidade e relacións interpersoais

·   Presenza social e actividades gratificantes

4. A vellez, unha etapa vital que a persoa con TEA vai vivir.

Xerar imaxes de bo envellecer para promover modelos a imitación.

INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

 

 

Subvencionado pola Xunta de Galicia -Consellería de Política Social- a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a renda das personas físicas (IRPF).

 

 

 

 

Lugar de celebración:

Modalidade Online a través de ZOOM.

Archivada en:
Infórmate > Formación y Actividades