Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 21/10/2020 | SERVIZO DE ACCESIBILIDADE COGNITIVA

A FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA LANZA O SEU SERVIZO DE ACCESIBILIDADE COGNITIVA E CHAMA ÁS SÚAS ENTIDADES A CONFORMAR A REDE DE ENTIDADES DE ACCESIBILIDADE COGNITIVA

Como referentes en accesibilidade cognitiva na Comunidade Autónoma de Galicia, unha das prioridades de Autismo Galicia, é mellorar a calidade de vida das persoas con TEA, e achegar as medidas necesarias de accesibilidade cognitiva a toda a comunidade.

21/10/2020

O servizo de accesibilidade cognitiva da Federación Autismo Galicia, crece e se expande debido a demanda e a necesidade como liña estratéxica de actuación de garantir a accesibilidade cognitiva para todas as persoas con TEA.

Mediante as súas accións incide na creación de contornas accesibles a través do establecemento de medidas de accesibilidade cognitiva que favorezan a comprensión de información e utilización de espazos e servizos por parte das persoas con TEA.

Para facer deste, un mundo máis accesible, faise imprescindible a sensibilización dos diferentes sectores e servizos da nosa sociedade, facéndolles conscientes da necesidade de establecer medidas de accesibilidade cognitiva, que faciliten o acceso e o uso dos servizos, a todas as persoas.                               

O SERVIZO DE ACCESIBILIDADE COGNITIVA

Dende o ano 2013, a Federación Autismo Galicia ven desenvolvendo diferentes proxectos no ámbito da accesibilidade cognitiva, co obxectivo de converter os diferentes espazos e servizos en contornas accesibles, aos que poidan acceder e facer uso todas as persoas.

Ao longo de todos estes anos e ata o día de hoxe, instalamos 11.775 pictogramas, tanto en espazos públicos como privados dos diferentes ámbitos: educativo, social e sanitario, acompañados sempre de accións formativas sobre trastorno do espectro do autismo e accesibilidade cognitiva.

 

Neste ano 2020, transformamos o programa nun servizo, como referentes especializados, avalados por anos de traxectoria, coñecemento na súa aplicación e levado acabo por persoal especializado en materia de trastorno do espectro do autismo e coñecemento específico en accesibilidade cognitiva aplicada ao mesmo.

As medidas que se levan a acabo dende o servizo de accesibilidade cognitiva xiran entorno a tres eixes principais:

  • A avaliación das necesidades e barreiras cognitivas dos teus espazo, bens ou servizos.
  • A sinalización dos mesmos, con pictogramas que faciliten ás persoas con dificultades cognitivas e de comunicación, o acceso, uso e a súa comprensión.
  • A formación ou asesoramento para mellorar a túa comunicación e a interacción social, no caso de que pola túa actividade profesional ou persoal, teñas relación ou trato con persoas con TEA.

 

Onde se desenvolve o noso servizo?

Crees que calquera contorna pode ser accesible? A resposta é si.

A aplicación destas medidas levámolas a cabo nos diferentes contextos: sanitario, educativo e social, tanto en entidades públicas como privadas.

Co establecemento destas medidas tanto en espazos públicos como privados, este servizo convértese á súa vez nunha fonte de sensibilización sobre a realidade das persoas con TEA.

 

PONSE EN MARCHA A REDE DE ACCESIBILIDADE COGNITIVA DA FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA.

Como referentes en accesibilidade cognitiva na Comunidade Autónoma de Galicia, unha das prioridades de Autismo Galicia, é mellorar a calidade de vida das persoas con TEA, achegando as medidas necesarias de accesibilidade cognitiva a toda a comunidade.

 

Contamos para isto coa conformación da Rede de Accesibilidade Cognitiva, creando un sistema de traballo en rede, coordinado e de colaboración, entre a Federación e as súas entidades federadas.

Destacando a importancia do traballo conxunto e actuando dende os diferentes equipos das entidades e da Federación, especializados na aplicación do servizo de accesibilidade, e na implantación das accións e medidas de accesibilidade cognitiva que favorezan a comprensión de información e utilización de espazos e servizos por parte das persoas con TEA e as súas familias.

 

A quen beneficia a accesibilidade cognitiva?

Tendo en conta os diferentes contextos nos que se poden levar a cabo todas estas accións, a accesibilidade cognitiva beneficia, ademais das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA), a un abanico moito máis amplo de poboación como por exemplo: persoas con discapacidade intelectual ou  sensorial ( auditiva, visual). Persoas con trastornos do linguaxe ou que non saben ler. Persoas maiores, nenos e nenas e persoas estranxeiras que non coñecen o idioma.

 

CREAMOS UNHA WEB ESPECÍFICA: A WEB DO SERVIZO DE ACCESIBILIDADE COGNITIVA

A Federación Autismo Galicia implementa unha web dedicada exclusivamente ao Servizo de Accesibilidade Cognitiva, os seus proxectos e accións, así como a ofrecer toda a información sobre o funcionamento do mesmo e unha gran cantidade de información útil sobre accesibilidade cognitiva.

Consulta a nosa web facendo clic na imaxe.

 



 

Archivada en:
Infórmate > Noticias