Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 07/10/2019 | Iniciativa “ Tablets solidarias”

Iniciativa “ Tablets solidarias”

Facilitar dispositivos de comunicación e tecnolóxicos a persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) en situación de vulnerabilidade. Este é o obxectivo da iniciativa “ Tablets solidarias”, posta en marcha por Autismo España e Orange. Grazas a este proxecto moitas dás nosas entidades recibiron xa as súas tablets solidarias.

07/10/2019

Facilitar dispositivos de comunicación e tecnolóxicos a persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) en situación de vulnerabilidade.

Este é o obxectivo da iniciativa “ Tablets solidarias”, posta en marcha por Autismo España e Orange. Grazas a este proxecto moitas dás nosas entidades recibiron xa as súas tablets solidarias.

Desde Autismo Galicia cremos que as novas tecnoloxías poden xogar un papel moi importante na mellora da calidade de vida das persoas con TEA, axudándolles a adquirir novas competencias necesarias para o seu desenvolvemento persoal pleno e a súa inclusión na sociedade. Por iso, agradecemos a implicación de Fundación Orange e o seu impulso a estes proxectos.

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias