Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 20/11/2023 | Autismo Galicia continúa coa formación para a mellora da accesibilidade cognitiva co Colexio de Podoloxía de Galicia dentro do proxecto 1 de 100 plus.

Autismo Galicia continúa coa formación para a mellora da accesibilidade cognitiva co Colexio de Podoloxía de Galicia dentro do proxecto 1 de 100 plus.

O proxecto 1 de 100 PLUS da Federación Autismo de Galicia, ten como obxectivo a sensibilización por medio dunha formación gratuíta - enfocada aos profesionais do ámbito sanitario- achegando as particularidades do trastorno do espectro do autismo e as estratexias en accesibilidade cognitiva para a mellora das intervencións e contornas sociosanitarias.

 

20/11/2023

Achegar á accesibilidade cognitiva ao contexto sociosanitario

O proxecto 1 de 100 Plus, é un proxecto financiado pola Deputación da Coruña. Este proxecto está destinado a superar as barreiras cognitivas e de comunicación social. Ditas barreiras obstaculizan o desenvolvemento autónomo da persoa con trastorno do espectro do autismo, en diante TEA, nos servizos e centros sociosanitarios que realizan a intervención clínica ou apoio terapéutico.

1 de 100 Plus pretende formar a especialistas dos diferentes colexios profesionais do territorio galego. Ademais de contribuír á: sensibilizar, mellorar o coñecemento dos profesionais colexiados, e a tecer redes de colaboración por medio de conferencias formativas.

Fomentar a sensibilización e as boas prácticas nos servizos profesionais de proximidade

Dende a Federación Autismo Galicia, fomentamos un proxecto de formación en accesibilidade cognitiva para os Colexios Profesionais de Galicia no ámbito sanitario: o Proxecto 1 de 100 Plus. Por medio dunhas charlas teórico-prácticas apelaremos á sensibilidade nas actuacións dos profesionais cara o perfil de usuarios/as con TEA e as súas familias.

O proxecto 1 de 100 Plus focalízase na mellora da accesibilidade cognitiva no ámbito sociosanitario máis próximo. Subliña as necesidades e características propias das persoas con autismo para concretar recursos axeitados, e que os profesionais poidan establecer canles accesibles de comunicación e trato entre elas.

Medidas para a mellora da accesibilidade cognitiva

En este mes de outubro, estivemos xunto ao Colexio profesional de Podoloxía de Galicia, establecendo canles para a sensibilización e a transformación activa no eido da accesibilidade cognitiva nas consultas ou centros sociosanitarios, así como nas contornas das clínicas. Estas formacións permítennos achegar posturas e poñer en común coñecemento para mellorar a experiencia nestes contextos das persoas con  TEA, e dos seus acompañantes.

Ademais da formación, desenvolvimos unha campaña con medidas específicas en accesibilidade cognitiva para axudar á mellora da accesibilidade nos espazos podolóxicos. E tamén, para poder fomentar unhas ferramentas comunicativas e de relación dentro e fora das consultas podolóxicas.

Este documento forma parte da campaña de recursos para a Accesibilidade Cognitiva en colexios profesionais: Tips de Accesibilidade Cognitiva en Podoloxia elaborados pola Federación Autismo Galicia

Igualdade de oportunidades con o deseño universal

Esta iniciativa pretende incidir sobre a necesidade fundamental de ter profesionais formados e accesibilidade cognitiva e especialmente sensibilizados con o TEA. Paliando así o descoñecemento e vulnerabilidade con o que frecuentemente se atopan as persoas con autismo na atención e o acceso aos servizos.

A concienciación e a implementación do deseño para todos, é o único proceso para conseguir que o maior número de persoas (con independencia da súa idade, condición ou capacidade) poidan comprender, usar e desfrutar dun servizo profesional en igualdade de condicións.

 

 

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias