© Federación Autismo Galicia | 20/11/2023 | Día internacional da infancia. Reflexións de Macarena Sánchez Carnero, terapeuta ocupacional en ASPERGA.
Día internacional da infancia. Reflexións de Macarena Sánchez Carnero, terapeuta ocupacional en ASPERGA.
Como asociacións de nenos e nenas autistas, debemos de poñer o noso foco nunha infancia máis segura e chea de oportunidades, favorecendo os dereitos en saúde, educación e protección, independentemente do lugar do mundo onde nacésemos nin os contextos que lles rodean.
O 20 de novembro é un día para celebrar os logros que se conseguiron pola infancia durante estes anos. Dedicar un día mundial á infancia sérvenos para dedicar un instante para reflexionar sobre as necesidades e as barreiras que impiden o desenvolvemento favorable das nenas e os nenos, e para seguir favorecendo a posta a piques de medidas efectivas e sólidas para protexer á infancia e os seus dereitos individuais.
Como asociacións de nenos e nenas TEA, debemos de poñer o noso foco nunha infancia máis segura e chea de oportunidades, favorecendo os dereitos en saúde, educación e protección, independentemente do lugar do mundo onde nacésemos nin os contextos que lles rodean.
A saúde é unha das dimensións con maior impacto na calidade de vida de todas as persoas, polo que debemos de promover recursos sanitarios específicos e adaptados para o colectivo TEA desde a infancia e seguir apoiando con medidas máis efectivas e dirixidas a mellorar os coñecementos sobre o trastorno do espectro autista; tamén avanzar na súa detección precoz, favorecendo a investigación e capacitando ás e os profesionais da saúde sobre as necesidades e características mediante formación especializada. Identificar e atender as necesidades e prioridades da infancia TEA en materia de saúde contribuirá a mellorar a súa calidade de vida e favorecerá a súa autonomía e acceso igualitario.
Na infancia, a educación é a base da aprendizaxe para o resto da nosa vida. O dereito a unha educación de calidade é básico e necesario, cambiar o paradigma cara a unha educación centrada na persoa é fundamental para garantir o acceso a unha educación de calidade e inclusiva. A educación é imprescindible para o crecemento e o empoderamento das nenas e os nenos TEA, polo que hoxe, debemos de alzar a voz polas barreiras diarias que nos atopamos, pola falta de apoios específicos, pola necesidade de equipos interdisciplinares, onde atopemos a outras figuras profesionais como a terapia ocupacional, logopedia, psicoloxía…
O paradigma na escola, do mesmo xeito que ocorre en sanidade, debe de cambiar cara a un modelo máis holístico e transversal! Porque a educación debe de adaptarse ás capacidades, prioridades e necesidades específicas de cada neno ou nena.
En canto ás intervencións diarias, debemos de camiñar cara á protección da infancia, poñendo o foco nos modelos centrados nos nenos e as nenas e as súas familias, tecer redes interpersoais para favorecer a inclusión na sociedade e fomentar as súas capacidades para así construír cara á súa autonomía persoal e calidade de vida.
A infancia é o período máis curto do ciclo vital pero o que deixa máis aprendizaxe e recordos no camiño.
Hoxe, e todos os días, reivindiquemos os dereitos á protección das nenas e os nenos autistas!
Macarena Sánchez Carnero
- Terapeuta Ocupacional
- Grao en Terapia Ocupacional por la Facultad de Ciencias de la Salud de A Coruña
- Posgrao en Atención Temperá
- Máster en Intervención en Discapacidade e Dependencia
- Acreditación DIR-101.
- Modelo DIR FloorTime
- Acreditación ADI R
Terapeuta ocupacional con vocación plena no ámbito da Atención Temperá, especialmente colectivo de nenas e n1enos con TEA, onde volquéi toda a miña formación. Encántame o continuo aprendizaxe a través da práctica baseada na evidencia e a intervención a través do xogo. Desfruto moito traballando man a man coas diferentes disciplinas que formamos o equipo, e, por suposto, coas familias e sempre dentro dos entornos, que son as pezas clave para que todos os engrenaxes da cadea funcionen á perfección. As miñas inquedanzas e ideas sempre estarán 1enfocadas a que os n1enos e as nenas busquen a autonomía no seu día a día e gocen xogando e aprendendo de calquera pequeno detalle deste mundo tan cambiante.
Esta publicación forma parte do Proxecto Axenda de Contidos de interese dentro do Programa de Incidencia Social da Federación Autismo Galicia e forma parte da Estratexia para a Concienciación sobre o Autismo en Galicia.
Subvencionado pola Xunta de Galicia -Consellería de Política Social e Xuventude - a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a renda das personas físicas (IRPF).