Formación y actividades

© Federación Autismo Galicia | 14/09/2023 | CURSO: Conductas problemáticas no espectro autista. Comprensión e estratexias prácticas de apoio á persoa e a súa contorna. Asociación Capaces Lugo

CURSO: Conductas problemáticas no espectro autista. Comprensión e estratexias prácticas de apoio á persoa e a súa contorna. Asociación Capaces Lugo

Destinatarios: Profesorado en xeral de Educación infantil, primaria, secundaria e bacharelato. Familias de persoas con TEA, persoas con TEA, e terapeutas que traballen con persoas con TEA.

30/09/2023 -

O próximo sábado 30 de setembro temos a xornada formativa "Conductas problemáticas no espectro autista. Comprensión e estratexias prácticas de apoio á persoa e a súa contorna", será impartida pola relatora Marlene Horna, como xa tivemos o gusto de ter en moitas formacións nestes anos. Marlene é psicologa colexiada, especialidade Clínica e Social. Máster en Atención Temperá. Diploma de Estudos Avanzados. Dende hai máis de quince anos traballa apoiando a nenos e adolescentes con TEA e as súas familias. Traballou na Unidade de Atención Temperá da Universidade de Santiago de Compostela, como orientadora dun C.E.E.P.R. da asociación ASPANAES e, na actualidade, traballa de maneira particular e dentro da a Unidade de Apoio Ambulatorio (UAM) da asociación BATA. Desenvolve a súa actividade apoiando a persoas con TEA nas súas contornas naturais (fogar, escola, comunidade). Posúe unha ampla experiencia como docente adquirida en numerosos cursos promovidos por diversas institucións, asociacións e universidades. 

 

Destinatarios: Profesorado en xeral de Educación infantil, primaria, secundaria e bacharelato. Familias de persoas con TEA, persoas con TEA, e terapeutas que traballen con persoas con TEA.

Lugar: Colexio Fingoi de Lugo. Cómo chegar

Horario: 9:30 a 14:00 e de 15:30 a 19:00

Prezo:

-Persoas asociadas da Asociación Capaces Lugo ou de asociacións federadas á Federación Autismo Galicia e persoas en situación de desemprego: 15 euros.

-Persoas non asociadas: 35 euros.

Criterios de selección

 

As persoas participantes no curso serán seleccionadas por orde de chegada das distintas solicitudes, tendo preferencia as asociadas sobre as que non son asociadas.

 

PROGRAMA

COÑECER E COMPRENDER A CONDUCTA PROBLEMÁTICA (3 HORAS)
 
¿Cres que me divirto?
Qué consideramos e qué non conductas problemáticas.
Por qué ocorren e se repiten as conductas problemáticas.
Diferentes tipos de conductas problemáticas.
Cando a crisis xa se desencadenou…
Descubrindo os motivos das conductas problemáticas.
 
ESTRATEXIAS PROACTIVAS (5 HORAS)
 
Establecer relacións positivas con adultos e compañeiros.
Cambiar entornos antes que tratar de cambiar persoas: entornos e contextos amigables.
Principios clave, erros e estratexias para a ensinanza de hábitos e rutinas.
Estratexias facilitadoras para a comprensión e asunción de normas, límites e
comportamentos esperados.
Acertos e desacertos no plantexamento de demandas.
O arte de apoiar empoderando á persoa, sen anular nin crear dependencias.
A necesidade de descanso.
Ensinar a esperar.
Estratexias facilitadoras das transicións.
Da regulación mutua á autorregulación.
Rixidez e pensamento inflexible: practicando flexibilidade
 

Para matricularse na formación deberá de cubrir o  seguinte FORMULARIO  e facer o correspondente ingreso no número de conta de Caixa Rural Galega : ES71 3070 0031 4461 6571 5621, consignando como concepto: “Formación” e o nome da persoa que asistirá á Xornada. 

 
O prazo de inscrición péchase o vindeiro 26 de setembro de 2023.
 
 
Máis información no 619170890 e en capaceslugo@gmail.com

 

Lugar de celebración:

Colexio Fingoi de Lugo. Cómo chegar

Archivada en:
Infórmate > Formación y Actividades