Cookies

Formación y actividades

© Federación Autismo Galicia | 14/12/2020 | Congreso Psicoloxia Educativa

Presentamos o proxecto de accesibilidade en contornas educativas do programa de atención ao alumnado con TEA da Federación Autismo Galicia no I CONGRESO INTERNACIONAL DE PSICOLOXÍA EDUCATIVA

O congreso ten como propósito constituír un foro de debate sobre os principais tópicos de investigación no campo da psicoloxía educativa e doutras áreas afíns da psicoloxía e a educación.

15/12/2020 -

O día 15 e 16 de Decembro estaremos presente no I CONGRESO INTERNACIONAL DE PSICOLOXÍA EDUCATIVA a través dunha comunicación da nosa compañeira Cristina Couto, psicóloga da Federación e membro do grupo de investigación GIPED da Universidade da Coruña, presentando o proxecto de accesibilidade en contornas educativas do programa de atención ao alumnado con TEA da Federación Autismo Galicia.

O congreso ten como propósito constituír un foro de debate sobre os principais tópicos de investigación no campo da psicoloxía educativa e doutras áreas afíns da psicoloxía e a educación. A través de diversos espazos virtuais, os participantes no congreso poderán presentar as súas achegas de investigación, proxectos de intervención e experiencias educativas dentro das diferentes áreas temáticas do congreso.

O I Congreso Internacional de Psicoloxía Educativa pretende reunir achegas tanto desde a vertente académica e investigadora como desde a vertente profesional no ámbito da Psicoloxía Educativa e doutras áreas afíns.

A asistencia ao congreso para visualizar as comunicacións dos diferentes autores é GRATUÍTA. Pero é necesario estar rexistrado no congreso para figurar como asistente. Máis información: http://www.congresodepsicologiaeducativaciped.com

PROGRAMA preme aquí

Lugar de celebración:

MODALIDADE ONLINE: A asistencia ao congreso para visualizar as comunicacións dos diferentes autores é GRATUÍTA. Pero é necesario estar rexistrado no congreso para figurar como asistente. Máis información: http://www.congresodepsicologiaeducativaciped.com

Archivada en:
Infórmate > Formación y Actividades