Formación y actividades
© Federación Autismo Galicia | 31/08/2021 | CICLO FORMATIVO ABORDAXE DO TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO NO ÁMBITO EDUCATIVO 2021
CURSO3: COMPRENSIÓN E INTERVENCIÓN SOBRE AS CONDUTAS PROBLEMÁTICAS NO TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO. O APOIO CONDUTUAL POSITIVO
PROGRAMA DE FORMACIÓN FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA 2021. Abordaxe do TEA no ámbito educativo é unha oferta formativa que consta de tres cursos (1) Comprensión e estratexias de apoio, (2) Habilidades Sociais, (3) Comprensión e intervención sobre as condutas problemáticas. PECHADA A INSCRICIÓN PRAZAS ESGOTADAS
06/11/2021 -
PROGRAMA DE FORMACIÓN FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA 2021
Abordaxe do TEA no ámbito educativo.
Abordaxe do TEA no ámbito educativo é unha oferta formativa que consta de tres cursos (1) Comprensión e estratexias de apoio, (2) Habilidades Sociais, (3) Comprensión e intervención sobre as condutas problemáticas.
DESTINATARIOS: O curso está dirixido preferentemente a profesionais do ámbito educativo que traballan con persoas con Trastorno do Espectro do Autismo ; Mestres, educadores, orientadores, psicólogos, psicopedagogos, logopedas, coidadores etc. * Non está dirixido a profesionais e familias das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia.
CONSULTA E DESCARGA O PROGRAMA COMPLETO COS TRES CURSOS DO CICLO FORMATIVO NESTA LIGAZÓN
CURSO 2: HABILIDADES SOCIAIS NO TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO
Data de realización: 16 OUTUBRO 2021
Horario: 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 19:30
Lugar: Sede A Fundación. Rúa do Vilar nº 19. 15705 Santiago de Compostela.
Curso 3: COMPRENSIÓN E INTERVENCIÓN SOBRE AS CONDUTAS PROBLEMÁTICAS NO TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO: O APOIO CONDUTUAL POSITIVO
Data de realización: 6 NOVEMBRO 2021
Horario: 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 19:30
Lugar: Sede A Fundación. Rúa do Vilar nº 19. 15705 Santiago de Compostela.
DOCENTE: MARLENE HORNA CASTIÑEIRAS
Psicóloga, especialidade Clínica e Social e habilitación sanitaria. Máster en Atención Temperá e Diploma de Estudos Avanzados pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde fai máis vinte anos apoia a nenos e nenas e adolescentes no Espectro Autista e ás súas familias. Comezou a súa traxectoria profesional na Unidade de Atención Temperá da Universidade de Santiago de Compostela e continuou como orientadora dun colexio específico da asociación ASPANAES. Na actualidade, traballa de maneira particular e dentro da Unidade de Apoio Ambulatorio (UAM) da asociación BATA, en ambas as actividades presta apoio a persoas no Espectro do Autismo e ás súas familias nas súas contornas naturais (fogar, escola, comunidade). Posúe, ademais, unha ampla experiencia como docente adquirida en numerosos cursos promovidos por diversas institucións, asociacións e universidades.
MODALIDADE: PRESENCIAL
Lugar de celebración:
Sede A Fundación. Rúa do Vilar nº 19. 15705 Santiago de Compostela
Archivada en:
Infórmate > Formación y Actividades