Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 29/04/2021 | Acoso escolar e trastorno do espectro do autismo.

Acoso escolar e trastorno do espectro do autismo. Día Internacional contra o Bullying e o Acoso Escolar.

O alumnado con TEA presenta entre o dobre e o cuádruple risco de ser vítima do fenómeno, con impactos más intensos, negativos e duradeiros,  no funcionamento académico e nos síntomas da saúde mental, gran sufrimento e ansiedade, incluído un maior risco de suicidio.

30/04/2021

O acoso escolar continua sendo un dos problemas de convivencia nos centros educativos.

De que falamos cando falamos de acoso escolar e TEA?

O acoso escolar ou bullying é un fenómeno internacional que suscitou enorme interese no ámbito da investigación social nas últimas dúas décadas. A pesar de que non hai unha definición universal, existe certo consenso en canto á definición realizada por Olweus que o describe como un acto intencional e repetido de ferir ou danar a outro, xa sexa por violencia física, verbal, sexual, social ou ciberacoso, producíndose un desequilibrio de poder entre o agresor e a vítima.

Os estudos afirman que o alumnado con Trastorno do espectro do autismo (TEA)  foi vitimizado con maior frecuencia que os adolescentes con  outra discapacidade ou desenvolvemento típico. Mostran experiencias de acoso de diferente tipo e de maior gravidade en comparación con outros.

A vulnerabilidade das persoas con TEA no só se debe as súas características individuais senón o contexto no que se ven inmersas, a contorna, o centro, aula, clima ou o grupo.  Ademais poden ser percibidos como diferentes polos compañeiros e compañeiras, sumado, que nalgunhas ocasións, os nenos e nenas con TEA teñen unha rede de amigos e amigas menos extensa que outros compañeiros no centro educativo. Carecen de factores de protección, por unha razón ou outra, contan con menos apoio social xeral, menos amigos e redes máis sociais máis precarias.  Ademais poden ter dificultades para manter relacións positivas ou amizades ou presentan peor comunicación efectiva e menos asertividade nas relacións sociais.

De tal xeito, que o alumnado con TEA presenta entre o dobre e o cuádruple risco de ser vítima do fenómeno, con impactos más intensos, negativos e duradeiros,  no funcionamento académico e nos síntomas da saúde mental, gran sufrimento e ansiedade, incluído un maior risco de suicidio.  

Aínda que en menor medida, existen estudos que sinalan que os estudantes con TEA poden verse involucrados como agresores debido a que teñen unha visión limitada dos códigos ou procesos sociais que lles pode impedir ser conscientes das consecuencias das súas accións.

Podemos afirmar que aínda que se esta a publicar estudos científicos sobre este problema escolar, non se están  a facer moitas investigacións que teñan como foco o alumnado con TEA, en si mesmos nin en relación cos demais compañeiros, ni as diferencias entre alumnado escolarizado en diferentes modalidades educativas.

Cos datos basicamente internacionais, sinalamos que a prevalencia de acoso escolar en TEA está por encima do 40 %, chegando en algúns estudos ao 94 %.

Esta carencia de información científica podería estar dificultando a implementación de programas de detección e intervención específicos para abordar esta problemática de convivencia nas contornas escolares.

É necesario que se garanta a atención educativa ao alumnado con TEA e que se leven a cabo medidas de protección e detección. Se poña o foco na detección de sinais de alerta por parte da comunidade educativa e da familia como as seguintes:

  • Perdida ou dano en libros, roupa, mochila.
  • Feridas ou mazaduras.
  • Aumento de estereotipias, preguntas repetitivas, temor ou preocupacións.
  • Reaccións non habituais ante pequenos incidentes.
  • Nerviosismo, tristeza..
  •  Perda de interese por actividades que antes lle gustaban.
  • Máis illamento, menor comunicación (fala e comunícase menos).
  •  Dificultades de atención (móstrase distraído/a,  esquecedizo/a).
  • Resistencia ou rexeitamento a ir á escola.
  • Problemas de sono.
  •  Dor de cabeza ou de estómago.
  • Calquera cambio súbito ou importante na conduta.

Para afondar máis neste tema, recordamos a guía de  Juana M. Hernández Rodríguez e a Confederación Autismo España: “Acoso escolar y trastorno del espectro del autismo. Guía de actuación para profesorado y familias"

http://www.autismo.org.es/actualidad/articulo/casi-la-mitad-de-los-ninos-y-ninas-con-autismo-sufre-acoso-escolar

O traballo no valor da diferencia e no respeto é a base irrevogable que permite ao alumnado convivir e adquirir coñecementos, actitudes e competencias comprometidas cos seus dereitos e o doutras persoas, así como aceptar a diversidade de todo o alumnado e as súas capacidades, competencias e potencialidades diferentes.

 

Proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia – Consellería de Política Social.

Proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia – Consellería de Política Social

Archivada en:
Infórmate > Noticias