Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 19/11/2021 | A Federación Autismo Galicia recibe o premio accésit especial na II Convocatoria das mellores ideas e iniciativas de humanización na área sanitaria.

A Federación Autismo Galicia recibe o premio accésit especial na II Convocatoria das mellores ideas e iniciativas de humanización na área sanitaria.

Autismo Galicia presentou o Programas Mas Ourense: Promoción da Humanización e atención sanitaria o paciente con TEA”. Este programa conta con propostas e accións que se están executando de forma coordinada e activa entre Por Eles TEA Ourense, Autismo Galicia e o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

19/11/2021

A Xerencia da área Sanitaria de Ourense, Verín, e o Barco de Valdeorras premia á Federación Autismo Galicia cun accésit especial na II Convocatoria das mellores ideas e iniciativas de humanización  na área sanitaria. 

Autismo Galicia presentou o "Programas Mas Ourense: Promoción da Humanización e atención sanitaria o paciente con TEA”. Este programa conta con propostas e accións que se están executando de forma coordinada e activa entre Por Eles TEA Ourense, Autismo Galicia e o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. 

Centrámonos en facilitar o acceso dos pacientes con  TEA aos servizos e procesos sanitarios e crear ferramentas para o apoderamento do paciente con  TEA e de apoio á familia na súa relación co medio sanitario.  Traballamos para mellorar a humanización e accesibilidade cognitiva nos espazos e procesos sanitarios. Facilitando unha información comprensible para todos na contorna. Promovemos o desenvolvemento de protocolos de mellora da atención e  asistencia sanitarias os pacientes con necesidades específicas de apoio.  E contribuímos a especialización sanitaria co noso coñecemento en TEA a través de pílulas formativas. 

Un programa do que se benefician todos os pacientes, especialmente ás persoas con TEA, as súas familias, os profesionais sanitarios.

O Programa  de Autismo Galicia de mellora da atención sanitaria e saúde é un programa que leva anos de esforzos sumados, da man do Sistema Galego de Saúde. Polo que estamos moi agradecidos por este recoñecemento.

Felicitamos tamén os nosos compañeiros finalistas da Asociación Española Contra o Cancro en Ourense polo seu proxecto “Rutas saludables”.  Tamén as demais entidades participantes que contribúen coas súas sinerxías a mellorar o coidado da saúde de todos e todas os pacientes.

Archivada en:
Infórmate > Noticias