Cookies

Formación y actividades

© Federación Autismo Galicia | 05/04/2021 | A atención do profesional de enfermaría ao paciente con TEA e a súa familia.

A atención do profesional de enfermaría ao paciente con TEA e a súa familia.

“Un de Cen. Comprendendo ou espectro”, é un proxecto integral que combina o trinomio INFORMACIÓN, SENSIBILIZACIÓN e FORMACIÓN, que xorde ante a necesidade de crear unha chamada de atención sobre as necesidades e realidades das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo, contribuíndo a xerar unha mirada máis ampla e profunda ao redor da súa singularidade.

12/04/2021 -

A atención do profesional de enfermaría ao paciente con TEA e a súa familia.

Hora: 16.30 h a 18 horas

Actividade online: xestionada pola Escola Universitaria de Enfermaría de Ourense , Universidade de Vigo (Uvigo)

Docentes: María Garrido Salcedo (Psicóloga Por Eles TEA Ourense) Cristina Couto ( Psicóloga Federación Autismo
Galicia)

A FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA SEGUE DESENVOLVENDO O PROXECTO 1 de 100 na Escola Universitaria de Enfermaría de Ourense.


O día 12 de Abril, o Proxecto 1 de 100 “Un de Cen. Comprendendo o espectro”, que forma a futuros profesionais das tres Universidades Galega, seguirá o seu desenvolvemento coa conferencia na Escola Universitaria de Enfermaría de Ourense da Universidade de Vigo.

A conferencia “ A atención do profesional de enfermaría ao paciente con TEA e a súa familia, será impartida por María Garrido, psicóloga en Por Eles TEA Ourense e Cristina Couto, psicóloga da Federación Autismo Galicia.

Programa:

  • Presentación da Federación Autismo Galicia e a súa entidade Por Eles TEA Ourense.
  • O Trastorno do espetro do autismo (TEA) e as súas características a ter en conta no ámbito de traballo do profesional de enfermaría.
  • Orientacións na mellora da atención sanitaria as persoas con TEA.
  • Experiencias de proxectos, programas ou recursos dirixidos as persoas con TEA e as súas familias en relación a mellora da atención e comunicación por parte dos profesionais sanitarios.

 

“Un de Cen. Comprendendo ou espectro”, é un proxecto integral que combina o trinomio INFORMACIÓN, SENSIBILIZACIÓN e FORMACIÓN, que xorde ante a necesidade de crear unha chamada de atención sobre as necesidades e realidades das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo, contribuíndo a xerar unha mirada máis ampla e profunda ao redor da súa singularidade.

Lugar de celebración:

Actividade online: xestionada pola Escola Universitaria de Enfermaría de Ourense , Universidade de Vigo (Uvigo)

Archivada en:
Infórmate > Formación y Actividades