Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 20/09/2022 | A presidenta da Federación Autismo Galicia acompañou ao presidente de Aspanaes, na visita das autoridades as instalacións do Monte do Gozo.

A presidenta da Federación Autismo Galicia acompañou ao presidente de Aspanaes, na visita das autoridades as instalacións do Monte do Gozo.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, acompañado da deputada provincial e concelleira de Políticas Sociais de Santiago de Compostela, Mila Castro, e do concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, visitaron este luns a sede da Asociación Aspanaes en Santiago de Compostela, localizada no Monte do Gozo.

20/09/2022

Nesta visita as instalación da sede da Asociación de Pais de Persoas con Trastorno de Espectro Autista (Aspanaes) en Santiago de Compostela, localizada no Monte do Gozo, acudiron o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, acompañado da deputada provincial e concelleira de Políticas Sociais de Santiago de Compostela, Mila Castro, e do concelleiro de Medio Rural, José Manuel Pichel, foron recibidos polo presidente de Aspanaes, Ignacio Labella; a vicepresidenta da entidade e tamén presidenta da Federación Autismo de Galicia, Mercedes Fernández; o xerente de Aspanaes, José Alén; e o director do centro, Francisco Raúl Crespo.

Valentín González Formoso declarou que "Desde a Deputación temos unha colaboración permanente con Aspanaes e coas entidades sociais de toda a provincia que suplementan, complementan e enriquecen o sistema público de protección social", e afirmou que "a sociedade ve respostas a estas necesidades pola labor dun terceiro sector que, claramente, non fai o sistema público galego".

Durante a visita ás instalacións, a directiva trasladoulle a Formoso o traballo que se realiza no local, que conta cun servizo de atención diúrna, así como as demandas en relación á atención das persoas afectadas polo Trastorno do Espectro Autista (TEA).

Desde a Federación Autismo Galicia agradecemos o compromiso, o mimo, e o apoio que recibimos dende a administración, cara as nosas entidades, como Aspanaes que levan anos e historia construindo un futuro mellor e cos obxectivos de obter unha maior calidade de vida, de servizos, e de atención para as persoas con autismo.

 

A presidenta da Federación, Mercedes Fernadez Angulo declarou: "Temos que ser referentes en todos servizos da comunidade: a educación, a sanidade, a accesibilidade cognitiva, o lecer, o deporte...A Federación Autismo Galicia debe seguir traballando para avanzar e apostando pola especificidade do TEA e a especialización dos seus servizos. Estamos aquí para seguir construíndo espazos nos que sumar accións, con todo o armazón social, as diferentes redes asociativas, e os representatnes da administración, puntais fundamentais para a nosa continuidade"

Pola súa banda, o presidente de Aspanaes, Ignacio Labelle, sinalou que desde a asociación están "encantados" coa visita de Formoso xa que puido ver "o traballo que se está realizando aquí grazas, entre outras cousas, a axuda que nos prestou a Deputación da Coruña".

O xerente de Aspanaes, José Alén, tamén agradeceu a colaboración da Deputación que serviu para dotar de equipamento ao centro e poder seguir traballando coas persoas usuarias "e darlles apoios específicos e especializados".

Ante a necesidade de facer fronte a todas as peticións, e co obxectivo de prestar un servizo de calidade ás 28 persoas usuarias do centro na actualidade, a Deputación asinou un acordo de colaboración con Aspanaes para dotar ao novo centro de mobiliario como mesas, cadeiras fixas e xiratorias, armarios de diferentes tamaños e outro material destinado a mellorar a habitabilidade do espazo e as súas actividades.

Traballos e colaboracións coma esta son a proba de que debemos seguir traballando polo noso colectivo xuntas e  defendendo os dereitos dos colectivo das perosas con Autismo e as súas familias, para crear unha sociedade diversa e inclusiva.

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias