Noticias
© Federación Autismo Galicia | 12/09/2022 | O suicidio, segunda causa de morte en persoas adultas con autismo sen discapacidade intelectual.
O suicidio, segunda causa de morte en persoas adultas con autismo sen discapacidade intelectual.
Son numerosos os estudos que apuntan a que dous de cada tres persoas diagnosticadas de trastorno do espectro do autismo na idade adulta haberían contemplado o suicidio nalgún momento das súas vidas.
12/09/2022
En España, viven máis de 450.000 persoas con trastorno do espectro do autismo, o que supón que, tendo en conta ás súas familias, máis dun millón de persoas atópanse vinculadas directamente a esta condición.
O pasado mes de maio púxose en marcha o servizo telefónico 024, “Chama á vida”, de atención á conduta suicida, un servizo que funciona 24 horas os 365 días do ano.
Ante a entrada en funcionamento desta liña de axuda, Autismo España solicitou entrar a formar parte do Comité asesor de atención á conduta suicida, convocado polo Ministerio de Sanidade.
Trátase dun Comité interdisciplinar, formado por persoas expertas de diferentes áreas, que achegarán experiencia e coñecemento, para ter en conta todas as perspectivas e todas as voces posibles. Entre elas, as que afectan as persoas con autismo, un dos colectivos máis afectados pola ideación do suicidio.
No Día Mundial para a Prevención do Suicidio, que se celebra o 10 de setembro, puxemos o foco na prevención e a vixilancia do benestar emocional das persoas con TEA ao longo de todo o ciclo vital e ao incremento da prevención deste tipo de situacións, especialmente na infancia e a adolescencia. Son os dous piares fundamentais para minimizar este tipo de fenómeno e as súas repercusións a longo prazo.
Outros factores, como a detección e diagnóstico precoz do autismo, a prevención e actuación fronte a o acoso escolar e a axuda ante calquera sinal de alarma son tamén elementos esenciais para a abordaxe da ideación ou o intento de suicidio.
PROXECTO Axenda de Contidos de interese para o colectivo TEA. PROGRAMA DE INCIDENCIA SOCIAL. Proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia – Consellería de Política Social.
Archivada en:
Infórmate > Noticias