Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 30/08/2022 | AXUDAS á conciliación da vida familiar e laboral, por redución da xornada de traballo DA CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

AXUDAS á conciliación da vida familiar e laboral, por redución da xornada de traballo DA CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE.

Axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para as persoas traballadoras e familias monoparentais.

30/08/2022

CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE.  RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á Conciliación da vida familiar e laboral, por redución da xornada de traballo como medida de fomento da conciliación e corresponsabilidade, financiadas con fondos REACT-UE, como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento SI440A).  (DOG. num 162, do venres, 26 de agosto de 2022)

 

OBXECTO: Axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para as persoas traballadoras e familias monoparentais que, entre o 1 de xullo de 2021 e o 31 de xullo de 2022, teñan unha situación de redución da súa xornada de traballo para o coidado de fillos e fillas.

PERSOAS BENEFICIARIAS: Persoas físicas, que entre o 1 de xullo de 2021 e o 31 de xullo de 2022 se acollan á redución de xornada para o coidado de fillo/a menor de 3 anos, ou menor de 12 anos no suposto de que padeza unha discapacidade igual ou superior ao 33% que reúnan os seguintes requisitos:

  • UNIDADES FAMILIARES NON MONOPARENTAIS: Homes que se acollan á redución de xornada laboral para o coidado de fillas e fillos, traballadores por conta allea

  • UNIDADES FAMILIARES MONOPARENTAIS: A persoa, home ou muller, que se acolla á redución de xornada laboral para o coidado de fillas e fillos, traballador/a por conta allea.

  • Estar empadroado/a en calquera concello da Comunidade Galega.

  • Convivir co fillo ou filla durante o período subvencionable. En caso de custodia compartida, compútase o tempo de convivencia proporcionalmente.

  • Ingresos da unidade familiar non superiores a 7 veces o IPREM para o ano 2021.

ACCIÓNS SUBVENCIONABLES:

  • Redución da xornada de traballo para o coidado dunha filla ou fillo menor de 3 anos, ou menor de 12 anos en caso de discapacidade igual ou superior ao 33%. A redución da xornada terá que ser de polo menos o 12,5% da xornada. Tamén no caso de adopción ou acollemento familiar permanente ou preadoptivo

  • O período máximo subvencionable será de 8 meses.

CONTÍA DAS AXUDAS:

  • Redución de xornada de entre 12,5% e ata o 25%: 1 fillo/a a cargo: 1700€; 2 fillos/as a cargo: 2000€ ; 3 ou máis fillos/as a cargo: 2300€.

  • Redución de xornada superior ao 25% e ata o 37,5%:  1 fillo/a a cargo: 2800€; 2 fillos/as a cargo: 3100€ ; 3 ou máis fillos/as a cargo: 3400€.

  • Redución de xornada superior ao 37,5% e ata o 50% ou máis:  1 fillo/a a cargo: 3100€; 2 fillos/as a cargo: 3400€ ; 3 ou máis fillos/as a cargo: 3700€.

SOLICITUDES E PRAZO:

  • Un mes a partir do día seguinte ao da publicación no DOG, ata o 26/09/2022

  • Obrigatoriamente na sede electrónica da Xunta de Galicia, código de procedemento SI440A

 

MÁIS INFORMACIÓN: DOG. num 162, do venres, 26 de agosto de 2022

 

* As axudas previstas nesta convocatoria son incompatibles con calquera outra subvención pública  co mesmo obxecto e finalidade.

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias