Agenda de actividades

© Federación Autismo Galicia | 17/08/2022 | CURSO ABORDAXE DAS CONDUTAS DESAFIANTES EN TEA

CURSO ABORDAXE DAS CONDUTAS DESAFIANTES EN TEA

Curso recoñecido de interese sanitario pola Consellería de Sanidade. Obxectivo: comprender as condutas disruptivas das persoas con TEA, apoiar e proporcionar ferramentas aos profesionais para abordar estas condutas dende o enfoque do apoio condutual positivo. INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

 

24/09/2022 -

Curso recoñecido de interese sanitario pola Consellería de Sanidade

Obxectivo: comprender as condutas disruptivas das persoas con TEA, apoiar e proporcionar ferramentas aos profesionais para abordar estas condutas dende o enfoque do apoio condutual positivo.

INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

Data de realización: 24 de setembro de 2022

Lugar de realización: Modalidade Online a través de ZOOM

Horario

10:00 a 13:30

15:30 a 18:30

Número de prazas: 100

Destinatarios: O curso está destinado principalmente a profesionais e familias das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia, así como a outros profesionais do ámbito social e sanitario interesados nos TEA.

Prazo de inscrición: ata o 8 de setembro de 2022. Confirmaráselle a praza por correo electrónico unha vez finalizado o prazo de inscrición. Terán preferencia os profesionais e familias das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia.

DOCENTE

MARÍA LLORENTE (EQUIPO DELETREA): Psicóloga sanitaria e educativa.Licenciada en Psicoloxía pola  Universidad Autónoma de Madrid. Socia Fundadora do  Equipo Deletrea. Centro Especializado no Diagnóstico e Tratamento dos Trastornos do  Espectro do Autismo  e Trastornos Específicos da linguaxe. Terapeuta con certificación do Centro Hanen de Canadá para a formación e apoio a familiasActividade profesional centrada no diagnóstico e tratamento de persoas con TEA e TEL, así como na formación de profesionais a través de cursos impartidos en centros educativos, programas de formación  universitarios e participación en diferentes conferencias e seminarios.

PROGRAMA

  • Que entendemos por condutas desafiantes.
  • Relación entre TEA e as condutas máis problemáticas. Causas máis frecuentes.
  • Principios xerais para comprender e abordar ditas condutas.
  • Como previr a aparición de condutas problemáticas.
  • Como planificar a intervención.

INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

 

 

 

Financiado por: Convenio de Colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, sensibilización e accesibilidade cognitiva no entorno sanitario.

 

 

 

 

 

 

Lugar de celebración:

MODALIDADE ONLINE

Archivada en:
Infórmate > Agenda de Actividades