Formación y actividades
© Federación Autismo Galicia | 25/03/2024 | Actividade do DÍA MUNDIAL DO AUTISMO 2024 COA ASOCIACIÓN APACAF
Actividade do DÍA MUNDIAL DO AUTISMO 2024 COA ASOCIACIÓN APACAF
APACAF vai celebrar este ano o Día Mundial do Autismo cunha festa nos seus centros de atención a persoas adultas autistas: o centro A Braña na Estrada e o centro A Penagrande de Moraña, ambos na provincia de Pontevedra. #DiaMundialDelAutismo #AutismoCercaDeTi
02/04/2024 -
APACAF vai celebrar este ano o Día Mundial do Autismo cunha festa nos seus centros de atención a persoas adultas autistas: o centro A Braña na Estrada e o centro A Penagrande de Moraña, ambos na provincia de Pontevedra.
Haberá tarta de celebración e materiais elaborados polas propias persoas con autismo, que desfrutarán dunha festa especial no seu día.
Con anterioridade as persoas usuarias dos Servizos de residencia e de centro de día de APACAF elaborarán os materiais para a celebración, entre os que destaca o símbolo do autismo, que dende hai anos é o xesto para a celebración do día do Trastorno do Espectro Autista.
Durante os días previos ao 2 de abril, as persoas con autismo de APACAF visitarán institucións, entidades e empresas colaboradoras para acadar o seu apoio e colaboración e compartir as imaxes nas redes sociais.
En colaboración con APACAF e uníndose así á iniciativa LIUB, os edificios consistoriais da Estrada e de Moraña iluminaranse de azul en sinal de apoio ao Día Mundial do Autismo.
Actividades//Axenda de APACAF
- Difusión en redes sociais da campaña de comunicación deseñada por Autismo España
- Actividades preparatorias dos materiais e da celebración do Día Mundial do Autismo no centro de día A Penagrande e na residencia A Braña por parte das persoas usuarias
- Visita a institucións e entidades colaboradoras por parte das persoas con autismo para acadar o seu apoio e colaboración neste día
- Celebración do Día Mundial do Autismo cunha festa especial o día 2 de abril nos centros de atención
- Iniciativa LIUB: Iluminación dos edificios consistoriais dos concello de A Estrada e de Moraña
Toda a info e contacto en APACAF
Lugar de celebración:
Archivada en:
Infórmate > Formación y Actividades