Cookies

Formación y actividades

© Federación Autismo Galicia | 29/06/2022 | ROMPENDO BARREIRAS PARA MELLORAR A ACCESIBILIDADE COGNITIVA no CRA María Zambrano

ROMPENDO BARREIRAS PARA MELLORAR A ACCESIBILIDADE COGNITIVA no CRA María Zambrano

Actividade formativa dirixida aos docentes do CRA María Zambrano: Rompendo barreiras para mellorar a accesibilidade cognitiva no centro educativo.

 

30/06/2022 -

Aitana Garía Lage da Federación Autismo Galicia levarán a cabo unha xornada formativa sobre accesibilidade cognitiva o vindeiro 30 de Xuño. Esta actividade realízanse grazas as axudas dos Contratos Programa Inclúe (CPInclúe da Consellería de Educación) e estarán dirixidas ó profesorado do CRA María Zambrano do Rosal.

Os docentes instruiranse sobre accesibilidade cognitiva e mais en estratexias para a integración da mesma como unha parte importante da accesibilidade no día a día. Coñecerán recursos e ferramentas sobre accesibilidade cognitiva para facilitar o uso e a comprensión da información, e realizarán unha reflexión sobre como mellorar o acceso a información no seu centro.

Con esta formación achegamos a accesibilidade cognitiva ó centro educativo e mais ós educadores. A participación de toda a comunidade educativa, contribúe de forma espontánea á mellora e á identificación dos aspectos que poden resultar de difícil comprensión, propoñer vías de mellora, e ofrecer apoio ou exercer de guías ás persoas que o precisen.

 

DATA: 30 de Xuño de 2022 de 10-12h

DESTINATARIOS: Profesorado do CRA María Zambrano.

RELATORA: Aitana García Lage, pedagoga da Federación Autismo Galicia.

LUGAR DE CELEBRACIÓN: CRA María Zambrano (O Rosal).

 

Lugar de celebración:

CRA María Zambrano (O Rosal).

Archivada en:
Infórmate > Formación y Actividades