Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 03/08/2021 | Publicadas as convocatorias do MINISTERIO DE EDUCACIÓN e FORMACIÓN PROFESIONAL para o curso académico 2021-2022.

Publicadas as convocatorias do MINISTERIO DE EDUCACIÓN e FORMACIÓN PROFESIONAL para alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2021-2022.

O prazo de presentación de solicitudes estenderase ata o 30 de setembro de 2021, inclusive.

03/08/2021

Convócanse para o curso académico 2021-2022, as seguintes axudas:

a) Axudas directas para os alumnos, incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade), que requiran por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conduta ou de trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais.Tamén poderá ser beneficiario de axudas directas o alumnado con TEA (Trastorno do espectro autista) non incluído no parágrafo anterior e que requira estes apoios e atencións educativas específicas.
 
b) Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conduta ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais para familias numerosas.Tamén poderán ser beneficiarios de subsidios os alumnos con TEA (Trastorno do espectro autista), pertencentes a familias numerosas, non incluídos no parágrafo anterior.
 
c) Axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais
 


BENEFICIARIOS:

Poderán solicitar as axudas os alumnos que non superen unha determinada renda e/ou patrimonio familiar e que presenten necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastornos graves de conduta ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais e que se atopen cursando en centro específico, en unidade de educación especial de centro ordinario ou en centro ordinario que escolarice alumnos que presentan necesidades educativas especiais, algún dos niveis educativos non universitarios. Así mesmo, poderán solicitar as axudas os alumnos con Trastorno do Espectro Autista e os alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades.
 

As solicitudes tanto de axuda como de subsidio deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible por internet en a dirección www.educacionyfp.gob.es ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional na dirección https://sede. educacion. gob.es.

O prazo de presentación de solicitudes estenderase ata o 30 de setembro de 2021, inclusive.

CONSULTA E DESCARGA TODA A INFO

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias