Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 30/06/2021 | ENQUISAS DE ANÁLISE DA ACCESIBILIDADE COGNITIVA NAS FARMACIAS.

ENQUISAS DE ANÁLISE DA ACCESIBILIDADE COGNITIVA NAS FARMACIAS.

Desde a Federación Autismo Galicia, estamos traballando no proxecto “Farmacia Teatende”. Este proxecto pretende valorar as necesidades de accesibilidade cognitiva tanto para a poboación xeral como as persoas con TEA. ENLACE DO FORMULARIO DE VALORACIÓN DA ACCESIBILIDADE NA FARMACIA DO TEU ENTORNO.

22/03/2021

A FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA REALIZA ENQUISAS DAS NECESIDADES DE ACCESIBILIDADE COGNITIVA NAS FARMACIAS.

ENLACE DO FORMULARIO DE VALORACIÓN DA ACCESIBILIDADE NA FARMACIA DO TEU ENTORNO.

Desde a Federación Autismo Galicia, estamos traballando no proxecto “FarmaciaTeatende”. Este proxecto pretende valorar as necesidades de accesibilidade cognitiva tanto para a poboación xeral como as persoas con TEA, achegar o trastorno do espectro do autismo (TEA) o persoal de farmacia e establecer medidas de accesibilidade cognitiva nas boticas.

O proxecto Farmacia TEATENDE consiste en incidir sobre as barreiras cognitivas e de comunicación coa contorna que impiden que as persoas con TEA se desenvolva de forma autónoma nos súas contornas mais próximas e nos servizos de atención a saúde, como son as farmacias.

Queremos que as persoas con TEA se desenvolvan con autonomía na súa contorna e na súa farmacia comunitaria, garantindo unha prestación farmacéutica, con especial sensibilidade cos colectivos que demandan unha atención especial e que garantan equidade, calidade e cohesión no acceso ao medicamentos, e facilita a universalización dos servizos asistenciais aos pacientes.

A accesibilidade cognitiva permite que as contornas sexan facilmente comprensibles para poder ser “utilizadas” por todas as persoas con independencia das súas capacidades e condicións.  Permite que as habilidades adaptativas conceptuais, comunicativas, sensoriais e sociais estean en igualdade de condicións para relacionarse coa contorna e as persoas.

Dende a federación realizamos unhas enquisas para a identificación das barreiras de accesibilidade cognitiva na contorna física da farmacia e as barreiras de comunicación que poden xurdir entre os/as farmacéuticos/as e as persoas con TEA.

Un equipo de profesionais especializados en TEA e accesibilidade cognitiva, valoraran e avaliarán as necesidades e os aspectos de accesibilidade cognitiva. Unha vez detectadas as principais necesidades e barreiras de comunicación, avanzarase na elaboración de medidas de accesibilidade cognitiva que poden establecerse nas farmacias.

 

A túa opoinión é de grande axuda para o coñecemento e realización de medidas de accesibilidade cognitiva.

Axúdanos e participa na enquisa, só son dous minutos!

CUBRE A ENQUISAS: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSf_ToLLFAnHTB9rTX-p-2wnbDX1IA7J4T7sA0Jb3p34QNCAIg/viewform?usp=sf_link

 

A Deputación da Coruña financia o desenvolvemento do proxecto para mellorar a accesibilidade cognitiva nas boticas.

Archivada en:
Infórmate > Noticias