Cookies

Noticias 

© Fedearción Autismo Galicia | 13/05/2022 | No Día Internacional das Familias lembramos que a familia é a principal fonte de apoio para as persoas con autismo.

No Día Internacional das Familias lembramos que a familia é a principal fonte de apoio para as persoas con autismo.

Autismo Galicia insta á necesidade de que se teña en conta a realidade de moitas persoas con TEA e as súas familias e que as políticas sociais e de apoio sexan de calidade, con medidas que lles permitan conciliar a vida familiar e laboral, que eviten situacións de sobrecarga e que incorporen sistemas integrais de apoio.

13/05/2022

O día 15 de maio celébrase o Día Internacional das Familias, unha celebración que foi establecida polas Nacións Unidas en 1993 co fin de remarcar o papel de todas as familias na educación dos fillos desde a infancia. Así mesmo, a ONU tamén recoñece como as familias se han transformado ao longo das últimas décadas, alterándose as estruturas das mesmas debido a factores sociais, económicos e demográficos. 
 
O Día Internacional das Familias é unha forma de destacar o importante papel que as familias teñen nas comunidades e tamén de exporse identificar e analizar cuestións que afectan o seu desenvolvemento e evolución. A familia é polo xeral a base máis importante para a persoa con TEA

A familia é a principal fonte de apoio para as persoas con autismo.

Despois dun diagnóstico de TEA na familia vese reducida a súa capacidade adquisitiva e o seu volume de aforro, pola necesidade de empregar eses recursos en terapias. Ademais entre outras situacións, é habitual que un membro da parella reduza a súa xornada laboral ou deixe o emprego. As familias de persoas con autismo teñen necesidades propias de apoio.

Tamén se pode dar, que a familia teña que facer moitas máis horas de traballo para conseguir obter unha maior cantidade de recursos económicos para poder sufragar o sobrecusto ao que se teñen que enfrontar, provocando unha redución drástica de tempo de calidade que poden pasar en familia e consecuentemente converténdose en máis vulnerables ao cansazo, ao estrés e ao illamento social.

Outra das cuestións de gran importancia é a diferenza de posibilidades de acceso a recursos de apoio en función da residencia ou o sobrecusto que supón o ter que desprazarse e que a persoa con TEA reciba unha atención adecuada ás súas necesidades. En función das posibilidades de atención das necesidades das persoas con TEA e as circunstancias na contorna social, laboral e económico, trae consecuencias negativas á calidade de vida das persoas con autismo e as súas familias.

Autismo Galicia insta á necesidade de que se teña en conta a realidade de moitas persoas con TEA e as súas familias e que as políticas sociais e de apoio sexan de calidade, con medidas que lles permitan conciliar a vida familiar e laboral, que eviten situacións de sobrecarga e que incorporen sistemas integrais de apoio.

Desde O SERVIZO DE ORIENTACIÓN E INFORMACIÓN da Federación Autismo Galicia realízase, asesoramento e información sobre os itinerarios para a realización do diagnóstico no caso de non habelo, e a posterior valoración, orientación e atención ás necesidades dentro dos servizos da rede de entidades da Federación.

 
 
 

PROXECTO Axenda de Contidos de interese para o colectivo TEA. Proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia – Consellería de Política Social.

 

 

 

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias