Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 12/05/2022 | Recomendacións e principios sobre a atención ás persoas con TEA no ámbito da ENFERMERÍA.

Recomendacións e principios sobre a atención ás persoas con TEA no ámbito da ENFERMERÍA.

As persoas con Trastorno do Espectro do Autismo teñen dereito á saúde e a unha atención plena e igualitaria.

12/05/2022

Facer máis accesible o coidado da saúde, de forma adecuada ás persoas con TEA e as súas familias, é de vital importancia. Construír xuntos un sistema de coidados de saúde con menos barreiras para facer máis accesible o coidado da saúde das persoas con TEA en igualdade de condicións.

As persoas con autismo poden presentar dificultades na comunicación e na interacción coas demais persoas, por teren afectadas as habilidades para comunicarse e para relacionarse. E, na maioría dos casos esas dificultades aféctanlle á capacidade para anticiparse e para adaptarse ás realidades da contorna, debido aos patróns restrinxidos e repetitivos de intereses, comportamentos e hipo e hiperreactividade aos estímulos sensoriais.

Recomendacións e principios sobre a atención a persoas con TEA en enfermería.

  • Intento minimizar os tempos nas salas de esperas e entre procedementos sanitarios, e se é posible que sexan nun espazo tranquilo.
  • Escoito as propostas do acompañante para mellorar a efectividade da experiencia.
  • Non obrigo á persoa a realizar o procedemento, xa que pode resultar contraproducente.
  • Evito estímulos que poden ser molestos (ruído, olores fortes, luces intensas...) do lugar de atención.
  • Evito obxectos, materiais, roupa que poidan xerar ansiedade. Por exemplo a bata.
  • Anticipo: Explico o meu papel, os instrumentos que se utilizarán e o obxectivo, antes de comezar, e durante o mesmo. Evito os imprevistos. Se é posible, fago unha preparación previa da consulta coa persoa e familia.
  • Intento anticipar mediante palabras ou apoios visuais, que tipo de probas ou exploracións se van a realizar.
  • Facilito obxectos que lle aporten tranquilidade e seguridade.
  • Permito descansos intermitentes, facilitará a colaboración e reducirá a súa ansiedade.
  • Fomento a utilización doutras formas de comunicación. Recordo que moitas persoas con TEA non poden comunicar a dor que senten. Pregúntolle a familias por outras estratexias ou sistemas.
  • Utilizo formas de comunicación sinxela. Linguaxe literal e cun ton de voz calmado. Evito a fala excesiva e o uso de termos abstractos, dobres sentidos, metáforas, linguaxe coloquial...
  • Aseguro a comprensión do paciente.
  • Espero a que a persoa aporte e procese a información acerca do seu estado de saúde.
  • Dou as instrucións e pautas por escrito se é necesario.
  • Deixo participar ao paciente na toma de decisión.
  • Teño paciencia. As veces teño que dedicar máis tempo para unha experiencia positiva.
  • Atendo a saúde mental da persoa, non só a saúde física.
  • Parto da comprensión e o apoio, debido a que persoa con TEA  puido ter experiencias negativas previas. Reforzo e premio calquera esforzo.
  • Fomento a prevención primaria con Información ás familias sobre os síntomas de enfermidades crónicas ou trastornos mentais.

 

 

 

Financiado por: Convenio de Colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, sensibilización e accesibilidade cognitiva no entorno sanitario.

 

 

 

 

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias