Cookies

Formación y actividades

© Federación Autismo Galicia. | 04/04/2022 | ACTIVIDADE FORMATIVA DIRIXIDA AOS DOCENTES DO CEIP QUIROGA

ACTIVIDADE FORMATIVA DIRIXIDA AOS DOCENTES DO CEIP QUIROGA

Os docentes formaranse sobre o autismo en relación as súas características, causas, intervención e formas eficaces de apoio ao alumnado con Trastorno do espectro do autismo (TEA).

 

04/04/2022 -

ATENCIÓN EDUCATIVA AO ALUMNADO CON TEA NO CEIP QUIROGA

Os docentes formaranse sobre o autismo en relación as súas características, causas, intervención e formas eficaces de apoio ao alumnado con Trastorno do espectro do autismo (TEA).

As persoas con TEA teñen unha serie de necesidades específicas nas distintas etapas educativas,. A educación con coñecemento específico en TEA e o apoio comunitario son os medios de intervención máis eficaces e efectivos para promover o desenvolvemento das persoas con TEA. A educación das persoas con TEA debe dirixirse a potenciar o desenvolvemento de habilidades que favorezan a súa participación na sociedade e que potencien as capacidades da persoa para responder ás cambiantes e esixentes demandas da contorna.

 

DATA e HORA: 4 e 25 de abril e 2 de Maio de 16.30 h a 18 h

DESTINATARIOS: Profesorado do Ceip de Quiroga.

RELATORAS: Cristina Couto, psicóloga Federación Autismo Galicia.

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Ceip Quiroga

 

 

Lugar de celebración:

Ceip Quiroga.

Archivada en: