Agenda de actividades

© Federación Autismo Galicia | 10/03/2022 | Curso Promoción da vida saudable a través do ocio nas persoas con TEA.

Curso Promoción da vida saudable a través do ocio nas persoas con TEA.

Adquirir coñecementos específicos sobre o lecer e facilitar ferramentas, programación e boas prácticas para mellorar as habilidades necesarias para fomentar o ocio nas persoas con TEA. O curso está destinado principalmente a profesionais e familias das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia, así como a outros profesionais do ámbito social e sanitario interesados nos TEA. INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

08/04/2022 -

Obxectivo do curso:

Adquirir coñecementos específicos sobre o lecer e facilitar ferramentas, programación e boas prácticas para mellorar as habilidades necesarias para fomentar o ocio nas persoas con TEA.

INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

Fecha: 8-9 abril de 2022

Horario:

  • Venres 8 de abril : 16:30 h a 19:30 h
  • Sábado 9 de abril : De 10:00 -13:00 h

Modalidade: online-zoom

 

Programa

Venres 8 de abril :  de 16.30 h a 19.30 h

  • Que é o ocio? A importancia do ocio para as persoas con TEA.
  • A inclusión. Estados da inclusión no ocio en diferentes contextos.
  • Ocio  vs. Respiro Familiar.
  • Modalidades de Actividades de ocio (Específicas, Inclusivas e híbridas).

Sábado 9 de abril: de 10:00 h -13:00 h

  • Protocolos, procedementos, profesionais, espazos e alianzas para o lecer.
  • A importancia dos Apoios naturais e facilitadores.´
  • Casos reais e prácticos sobre diferentes modalidades e actividades

Docentes:

Luis Arena.

Director do Centro Integral de Recursos de Autismo Sevilla. Psicólogo Sanitario licenciado pola Universidade de Sevilla. Especialista en Audición e Linguaxe e Formado na ferramenta  diagnóstica  ADI- R. Experto en Integración de Persoas con Discapacidade e Calidade de Vida, con máis de 15 anos de experiencia en apoios a persoas con Trastorno do Espectro do Autismo ( TEA) en diferentes servizos inclusivos. Docente en diferentes universidades a través de máster, cursos e diplomados. así como docente do Instituto Andaluz de Administración Pública ( IAAP) en diferentes cursos relacionados coa discapacidade, o  TEA e a accesibilidade. Membro da Asociación Española de Profesionais do Autismo ( AETAPI). Cofundador de  GEDES (Grupo de Educación, Discapacidade, Emerxencias e Seguridade).

Rocio Zambruno.

Coordinadora do Servizo de Lecer e Deporte, así como do Servizo de Apoios Individualizados de Autismo Sevilla. Graduada en Educación Primaria con Mención en Educación Especial, ademais de Animadora Sociocultural. Docente de diferentes cursos en Autismo Sevilla para a formación de profesionais e voluntarios na Atención Directa a persoas con  TEA, con 12 anos de experiencia  en apoios a persoas con Trastorno do Espectro do Autismo ( TEA) en servizos inclusivos de lecer e educación. Integrante dos Grupos de Mellora de Autismo Sevilla de Inclusión e Accesibilidade Cognitiva. Membro da Asociación Española de Profesionais do Autismo ( AETAPI).

 

Número de prazas: 100

Destinatarios: O curso está destinado principalmente a profesionais e familias das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia, así como a outros profesionais do ámbito social e sanitario interesados nos TEA.

Prazo de inscrición: ata 29 marzo de 2022. Confirmaráselle a praza por correo electrónico e facilitaráselle número de conta bancaria para facer o ingreso. Teñen preferencia os profesionais e familias das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia.

INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO

 

 

Financiado por Convenio de Colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, sensibilización e accesibilidade cognitiva no entorno sanitario.

 

 

 

Lugar de celebración:

Modalidade: online-zoom

Archivada en:
Infórmate > Agenda de Actividades