Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 22/01/2021 | Reunión Comisón CERMI MULLER Autismo Galicia

Autismo Galicia reúnese coa Comisón de Cermi Muller da que forma parte.

Autismo Galicia reúnese coa Comisión Cermi Muller da que forma parte e coa Secretaría Xeral de Igualdade. A Comisión Cermi Muller desenvolve de maneira activa a visibilización da muller con diversidade funcional en actividades desenvoltas pola propia comisión e xornadas de representación da Muller.

22/01/2021

Autismo Galicia participa xunto con ONCE, FAXPG, Down Galicia, Plena Inclusión, Cogami, FAGAL, FEGADADE, ASPACE e PREDIF, nunha reunión da Comisión da muller do CERMI Galicia con Susana López Abella, da Secretaría Xeral da Igualdade da Consellería de Emprego e Igualdade.

Esta primeira reunión de ano serviu de presentación das novas incorporacións á Comisión CERMI  Muller, para  transmitir a Secretaría Xeral  a proposta da comisión de formar parte do órgano consultivo e explicar as próximas actividades que se desenvolverán desde a Comisión.

Pola súa parte, Susana López Abella invitou a Comisión CERMI MULLER  a forma parte do observatorio de violencia de xénero autonómico e do observatorio autonómico LGTBI.  E a seguir desenvolvendo de forma regular xuntanzas e mantendo colaboracións coa Secretaría Xeral de Igualdade.

Archivada en:
Infórmate > Noticias