Cookies

Formación y actividades

© Federación Autismo Galicia | 15/01/2021 | A ASOCIACIÓN POR ELES TEA LANZA O SEU SERVIZO DE INTERVENCIÓN A DISTANCIA: SERVIZO ONLINE

A ASOCIACIÓN POR ELES TEA LANZA O SEU SERVIZO DE INTERVENCIÓN A DISTANCIA: SERVIZO ONLINE

Conscientes da situación na que nos atopamos debido á COVID-19 e que moitas familias non poden acceder a servizos presenciais, damos a posibilidade de poder traballar en conxunto coas familias a distancia.

14/01/2021 - | ACTIVIDADE ONLINE

A ASOCIACIÓN POR ELES TEA LANZA O SEU SERVIZO DE INTERVENCIÓN A DISTANCIA: SERVIZO ONLINE
 
Estamos moi contentos de poder comunicarvos os nosos novos servizos.
Baseándonos nas necesidades que nos expresan as nosas familias e escoitando as súas suxerencias pensamos ofrecer este novos servizo: Somos conscientes da situación na que nos atopamos debido á COVID-19 e que moitas familias non poden acceder a servizos presenciais, de modo que damos a posibilidade de poder traballar en conxunto coas familias a distancia.
 
Desta maneira ofrecemos tamén a posibilidade de acceder a servizos especializados en TEA a aquelas familias que viven en lugares afastados de recursos e servizos específicos que normalmente se atopan situados nas cidades. A través deste novo servizo todas estas familias poderán ter acceso a unha intervención especializada. A opción da intervención telemática reduce ademais o custo da intervención para a familia eliminando o desprazamento ata os centros que moitas veces teñen que facer algunhas familias.
 
MÁIS INFO EN: POR ELES TEA

Calle Rúa Ramón y Cajal nº 6 bajo.
Ourense (OURENSE)
988 701 658
peteaou@peteaou.org

 

 

 

Lugar de celebración:

Archivada en:
Infórmate > Formación y Actividades