Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 13/01/2021 | Campaña de vacinación contra o covid19

Os centros residenciais de AUTISMO GALICIA completan a primeira fase de vacinación.

Termina a primeira fase de vacinación ante o coronavirus coa administración da primeira dose aos usuarios, traballadores e traballadoras das residencias de Aspanaes,  Apacaf, Autismo Vigo e  Fundación Menela.

13/01/2021

Campaña de vacinación contra o  covid nos centros residenciais de AUTISMO GALICIA.

Termina a primeira fase de vacinación ante o coronavirus coa administración da primeira dose aos usuarios, traballadores e traballadoras das residencias de Aspanaes,  Apacaf, Autismo Vigo e  Fundación Menela. Tal e como establece a estratexia de vacinación marcada polo Goberno, os primeiros en recibir a vacina serán as persoas do grupo prioritario 1 de vacinación:

Grupo 1

- Inclúense ademais de aos residentes, ás persoas vulnerables ou con gran dependencia que acoden a centros de día, sempre que estes centros estean vinculados ás residencias.

- Todas as persoas que traballan nestes centros, incluídos os que desempeñan outras funcións distintas como administrativos, persoal de limpeza, de cociña, entre outros, están incluídas nesta categoría.

- Tamén aos empregados en centros de día vinculados a centros de maiores.

- Serán as residencias "máis vulnerables" onde se empece a vacinación, entendendo por estas como as que maior número de internos, menor capacidade de adopción de medidas de prevención e control e/ou residencias que non tiveron casos de coronavirus.

Tras completar esta primeira fase de vacinación as residencias de Aspanaes,  Apacaf, Autismo Vigo e  Funcación Menela, están á espera de que se cumpran os prazos para poder utilizar a segunda dose.

Neste sentido, a titular de Política Social,  Fabiola García, explicou que se remitiu unha «nova circular» a todas as residencias, facendo fincapé en que «quedan semanas moi difíciles» ata que se complete a inmunización. Semanas nas que non se pode, aínda, baixar a garda.,

Unha vez completouse a primeira dose, «procederemos inmediatamente a fornecer a segunda», acoutou a conselleira. «O obxectivo é que nas próximas semanas o 100% das residencias galegas libres de  Covid estean vacinadas». De momento toca seguir sendo «un pouco pacientes» e manter as medidas en vigor.

Desde os centros e residencias de AUTISMO GALICIA: Aspanaes,  Apacaf, Autismo Vigo e  Funcación Menela, manteranse todas as medidas necesarias para asegurar e procurar a protección ata que finalice o proceso de vacinación.

Grupos prioritarios de vacinación fronte ao covid-19

Tendo en conta que as vacinas estarán dispoñibles dunha maneira progresiva, é necesario establecer unha orde para a vacinación da poboación. Para iso, consideráronse criterios éticos, así como de risco de enfermidade grave e de risco de exposición.

 
Segundo a Estratexia de vacinación fronte a COVID-19 en España (elaborada polo Grupo de Traballo Técnico de Vacinación COVID-19 do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde), na primeira etapa na que o número de dose de vacinas serán limitadas, ofrecerase a vacinación de maneira priorizada ás persoas que se inclúen nos seguintes grupos de poboación:
 
  1. Residentes e persoal sanitario e sociosanitario que traballa en residencias de persoas maiores e de atención a grandes dependentes.
  2. Persoal de primeira liña no ámbito sanitario e sociosanitario. Outro persoal sanitario e sociosanitario.
  3. Persoas consideradas como grandes dependentes (grao III de dependencia, é dicir, con necesidade de intensas medidas de apoio) que non estean actualmente institucionalizadas.

Podedes acceder ao documento completo AQUÍ

PLAN GALEGO DE VACINACIÓN FRONTE AO SARS-CoV-2. Dirección Xeral de Saúde Pública.

A primeira fase da estratexia da vacinación en Galicia comeza a partir do 27 de decembroe inclúense os seguintes grupos: persoas internas en residencias de maiores e depersoas con discapacidade así como o persoal que traballa neses centros sociosanitarios.Posteriomente, vacinarase ao persoal do ámbito sanitario de primeira liña, outro persoalsanitario e grandes dependentes non institucionalizados.

Este documento aporta a información dispoñible sobre a primeira vacina aprobada pola Agencia Española de Medicamentos e Productos Sanitarios (AEMPS) o 21 de decembrode 2020 que é a Comirnaty® do laboratorio Pfizer e BioNTech. Tamén recolle aplanificación e loxística da primeira etapa de vacinación, condicións de administracióndesta vacina e o seu rexistro, aspectos clave sobre a seguridade da vacinación easpectos relacionados coa formación das persoas que van a levar a cabo a campaña e acomunicación da mesma.

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias