Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 21/12/2022 | Autismo Galicia deséxavos FELICES FESTAS E FELIZ ANO NOVO 2023!

Autismo Galicia deséxavos FELICES FESTAS E FELIZ ANO NOVO 2023!

As nosas entidades, familias e persoas con TEA, profesionais, as nosas amizades e persoas todas, desexámosvos un novo ano 2023 cheo de oportunidades para que cada persoa poida desenvolver plenamente as súas capacidades, e que sigan aspirando e defendendo un mundo cada vez mellor para garantir o futuro da sociedade e dos seus cidadáns e cidadás.

 

21/12/2022

Nunca dubides que un pequeno número de cidadáns compremetidos, pode cambiar o mundo. De feito, só iso pode logralo". Margaret Mead, antropóloga cultural

Federación Autismo Galicia deséxavos FELICES FESTAS E FELIZ ANO NOVO 2023. Por un novo ano cheo de oportunidades para que cada persoa poida desenvolver plenamente as súas capacidades. Desexamos ás nosas entidades, familias e persoas con TEA, profesionais, ás nosas amizades e persoas todas, sigan aspirando e defendendo un mundo cada vez mellor para garantir o futuro da sociedade e dos seus cidadáns e cidadás.

Desde a Federación Autismo Galicia e as persoas que traballamos nesta entidade, aspiramos a cambiar o noso pequeno mundo, coa ambición de xerar grandes cambios, garantindo con iso que ás persoas con TEA sexan cidadáns de pleno dereito en calquera lugar e espazo no que se atopen. E por encima de todo, que poidan lograr esa felicidade formada de múltiples fíos de seguridade, confianza,aceptación e moito amor, que todo ser humano necesita e máis aínda nosos mozos e mozas con TEA.

Estamos aquí para seguir construíndo espazos nos que sumar accións, con todo o armazón social, as diferentes redes asociativas, os representatnes da administración e do ámbito empresarial, puntais fundamentais para a nosa continuidade. Do mesmo xeito que os profesionais das nosas asociacións, da propia entidade da Federación, familias, pais e nais, membros da xunta directiva e as propias persoas con TEA que coa súa voz e maneira de comunicarse, van trazando cada día a folla de roteiro a seguir.

Xuntas estámolo conseguindo!!!

FELICES FESTAS E FELIZ ANO NOVO 2023!!!

Representamos, apoiamos e defendemos os dereitos de máis de 10000 persoas, familias e persoas con TEA, conformando a plataforma e amparo necesario para a defensa dos dereitos e necesidades das persoas con TEA.

 

 

 

PROGRAMA DE INCIDENCIA SOCIAL. Proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia – Consellería de Política Social.

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias