Cookies

Noticias 

© Fedración Autismo Galicia | 07/10/2019 | II Edición do CURSO Apoio Condutual Positivo

II Edición do CURSO Apoio Condutual Positivo en persoas con Trastorno do Espectro do Autismo

Dirixido a profesionais do ámbito educativo que traballan con persoas con TEA: Mestres, educadores, orientadores, psicólogos, psicopedagogos, logopedas, coidadores etc. Lanzamos esta nova edición debido a demanda na  lista de espera de persoas interesadas no curso. Aproveita a oportunidade, só temos 35 prazas!

07/10/2019 | Santiago de Compostela

NOVA OPORTUNIDADE DE ASISTIR AO CURSO IMPARTIDO POR MARLENE HORNA: Apoio Condutual Positivo en persoas con Trastorno do Espectro do Autismo.

O 9 de novembro farase unha segunda edicicón do curso no Centro Abanca en Santiago de Compostela.

A docente Marlene Horna destaca  a importancia de ser capaces de comprender o estilo cognitivo particular do seu alumno e, a partir de aí, conseguir que aprenda e que participe activamente de todas as oportunidades que a escola lle ofrece, non só académicas senón de relación e goce cos seus compañeiros. Noutras palabras, garantir a súa plena inclusión.

É bo lembrar que calquera persoa, por moi importantes que sexan as súas necesidades de apoio, pode avanzar sempre que conte cos apoios oportunos. Un exercicio recomendable é que dentro da comunidade educativa dediquemos tempo e esforzo para reflexionar sobre as nosas políticas e prácticas para facer plans de mellora que derruben todas as barreiras á inclusión educativa que aínda existen.

Neste curso tratarase de comprender as conductas problemáticas coma o xeito en que unha persona trata de cubrir unha necesidade que experimenta nun contexto determinado. No curso daranse ferramentaspara descobrir os motivos das conductas problemáticas e aprender estratexias de ensinanza de habilidades co alumno no espectro, asi como deseñar e por en marcha as adaptacións oportunas na contorna que fagan a conducta pro-blemática innecesaria.

Como actuar en caso de producirse unha crise, por que se repiten unha e outra vez, e a limitada ou nula eficacia dos castigos. Descubrindo as funcións das condutas problemáticas por medio das estratexias de avaliación. Como intervir ante unha crise. Que facer ou que non facer. E as principales necesidades que cubren as conductas problemáticas e estratexias de apoio para a persoa cara a realización das modificación na contorna.

A docente que impartirá o curso é Marlene Horna é Licenciada en Psicoloxía, Diploma de Estudos Avanzados e Master en Atención Tempe-rá. Conta con máis de 15 anos de experiencia no ámbito dos Trastornos do Espectro do Autismo. Posúe ampla experiencia como docente, adquirida en numerosos cursos promo-vidos por diversas institucións, universidades e asociacións. Na actualidade traballa de forma autónoma en entornos naturais e na Asociación Bata.

INSCRÍBETE NESTE FORMULARIO // DESCARGA O PROGRAMA

 

 

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias
Entidades > > FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA