Formación y actividades
© Federación Autismo Galicia | 31/08/2021 | CICLO FORMATIVO ABORDAXE DO TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO NO ÁMBITO EDUCATIVO 2021
CICLO FORMATIVO ABORDAXE DO TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO NO ÁMBITO EDUCATIVO 2021
Abordaxe do TEA no ámbito educativo é unha oferta formativa que consta de tres cursos (1) Comprensión e estratexias de apoio, (2) Habilidades Sociais, (3) Comprensión e intervención sobre as condutas problemáticas. INSCRICIÓN nos tres cursos ou por separado NESTA LIGAZÓN.
25/09/2021 - | Santiago de Compostela
PROGRAMA DE FORMACIÓN FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA 2021
Abordaxe do TEA no ámbito educativo.
Abordaxe do TEA no ámbito educativo é unha oferta formativa que consta de tres cursos (1) Comprensión e estratexias de apoio, (2) Habilidades Sociais, (3) Comprensión e intervención sobre as condutas problemáticas.
INSCRICIÓN nos tres cursos ou por separado NESTA LIGAZÓN.
DESTINATARIOS: O curso está dirixido preferentemente a profesionais do ámbito educativo que traballan con persoas con Trastorno do Espectro do Autismo ; Mestres, educadores, orientadores, psicólogos, psicopedagogos, logopedas, coidadores etc. * Non está dirixido a profesionais e familias das entidades asociadas á Federación Autismo Galicia.
CONSULTA E DESCARGA O PROGRAMA COMPLETO COS TRES CURSOS DO CICLO FORMATIVO NESTA LIGAZÓN
CURSO 1: COMPRENSIÓN E ESTRATEXIAS DE APOIO AO ALUMNADO NO TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO
Data de realización: 25 SETEMBRO 2021
Horario: 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 19:30
Lugar: Sede A Fundación. Rúa do Vilar nº 19. 15705 Santiago de Compostela.
CURSO 2: HABILIDADES SOCIAIS NO TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO
Data de realización: 16 OUTUBRO 2021
Horario: 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 19:30
Lugar: Sede A Fundación. Rúa do Vilar nº 19. 15705 Santiago de Compostela.
Curso 3: COMPRENSIÓN E INTERVENCIÓN SOBRE AS CONDUTAS PROBLEMÁTICAS NO TRASTORNO DO ESPECTRO DO AUTISMO: O APOIO CONDUTUAL POSITIVO
Data de realización: 6 NOVEMBRO 2021
Horario: 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 19:30
Lugar: Sede A Fundación. Rúa do Vilar nº 19. 15705 Santiago de Compostela.
DOCENTE: MARLENE HORNA CASTIÑEIRAS
Psicóloga, especialidade Clínica e Social e habilitación sanitaria. Máster en Atención Temperá e Diploma de Estudos Avanzados pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde fai máis vinte anos apoia a nenos e nenas e adolescentes no Espectro Autista e ás súas familias. Comezou a súa traxectoria profesional na Unidade de Atención Temperá da Universidade de Santiago de Compostela e continuou como orientadora dun colexio específico da asociación ASPANAES. Na actualidade, traballa de maneira particular e dentro da Unidade de Apoio Ambulatorio (UAM) da asociación BATA, en ambas as actividades presta apoio a persoas no Espectro do Autismo e ás súas familias nas súas contornas naturais (fogar, escola, comunidade). Posúe, ademais, unha ampla experiencia como docente adquirida en numerosos cursos promovidos por diversas institucións, asociacións e universidades.
NÚMERO DE PRAZAS: 30 prazas por curso
MODALIDADE: PRESENCIAL
PRAZO DE INSCRICIÓN: ata o 12 de setembro 2021.
Asignación de prazas por riguroso orde de inscrición tendo preferencia as persoas que se inscriban nos tres cursos. Confirmarase a praza por correo electrónico unha vez finalizado o prazo de inscrición.
PREZO: 65€ Cada curso. Prezo reducido de 160€ ao inscribirse nos tres cursos á vez.
Lugar de celebración:
MODALIDADE: PRESENCIAL
Sede A Fundación. Rúa do Vilar nº 19. 15705 / Santiago de Compostela
Archivada en:
Infórmate > Formación y Actividades