Formación y actividades
© Federación Autismo Galicia | 19/10/2020 | UNHA PERSOA CON AUTISMO NA MIÑA FAMILIA. Ponteareas
UNHA PERSOA CON AUTISMO NA MIÑA FAMILIA. Ponteareas
NOVA DATA 18 DE DECEMBRO: Esta formación ten o obxectivo de dar resposta ás necesidades de información e orientación profesional ás familias, ademais de recibir apoio psicosocial e persoal especializado.
18/12/2020 - | Ponteareas
Autismo Galicia participa como docente na formación dirixida a familias organizada pola asociación Familias Azuis o 18 de Decembro, 16:00 a 20:00 h. Sala multiusos Auditorio Reveriano Soutullo, Ponteareas.
Esta formación ten o obxectivo de dar resposta ás necesidades de información e orientación profesional ás familias, ademais de recibir apoio psicosocial e persoal especializado.
Durante a formación abordarase as necesidades das familias, como: apoio no fogar ante dificultades, oportunidades de aprendizaxe en casa, información sobre recursos e axudas sociais ou a necesidade de ter en conta as emocións, adaptabilidade e o estilo de afrontamiento para mellorar o benestar socioemocional e calidade de vida.
A formación está destinada a familias cun fillo ou filla cun diagnóstico de TEA e para a inscrición e máis información, é necesario escribir un correo electrónico a: formacionesfamiliasazuis@hotmail.com
Importante: respectaranse e cumprirán todas as medidas sanitarias contra a covid- 19: entrada e saída por portas diferentes, mesa covid ( máscaras, xel e toma de temperatura), coa axuda de protección civil a desinfección do lugar e moi importante a distancia de seguridade entre os asistentes.
DOCENTE: Cristina Couto Pena
Licenciada en Psicoloxía na orientación clínica e evolutiva e da Educación na Universidade de Santiago de Compostela. Máster en atención temperá e experta en Terapia familiar.
Desenvolve a súa traxectoria profesional na atención e intervención coa infancia e realiza labores de investigación coa Universidade de Santiago.
Desde 2015 traballa na Federación Autismo Galicia como asesora técnica e actualmente como coordinadora de programas.
Conta con experiencia como docente, en numerosos cursos impartidos en diferentes organismos e institucións. Realiza a súa tese doutoral sobre as familias de persoas con TEA.
Lugar de celebración:
Archivada en:
Infórmate > Formación y Actividades