Cookies

Noticias 

© FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA | 29/11/2021 | A FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA REMATA O ANO 2021 SENSIBILIZANDO MÁIS CENTROS EDUCATIVOS POR MEDIO DO PROXECTO DE ACCESIBILIDADE COGNITIVA EN CONTORNAS EDUCATIVAS.

A FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA REMATA O ANO 2021 SENSIBILIZANDO MÁIS CENTROS EDUCATIVOS POR MEDIO DO PROXECTO DE ACCESIBILIDADE COGNITIVA EN CONTORNAS EDUCATIVAS.

A Federación Autismo Galicia coa Rede de Accesibilidade Cognitiva, actuaron en diferentes centros educativos da comunidade galega para implantar melloras en accesibilidade cognitiva.

29/11/2021

Proxecto de accesibilidade cognitiva en contornas educativas

A Federación Autismo Galicia, coa Rede de Accesibilidade Cognitiva (composta por algunhas das asociacións pertencentes á Federación, e o propio servicio de accesibilidade da mesma), estamos a desenvolver proxectos de accesibilidade cognitiva nos diferentes centros educativos galegos. Fomentamos a sensibilización da comunidade educativa dos centros de ensinanza por medio de obradoiros formativos específicos en accesibilidade cognitiva e TEA; e traballamos a prol dunha mellora do espazo escolar adaptando as contornas, ferramentas e materiais ás necesidades das diversidades que se dan no centro educativo, e máis concretamente, ó colectivo do trastorno do espectro do autismo (TEA).

Grazas a confianza depositada na rede de accesibilidade cognitiva polos centros educativos galegos, neste ano, seguimos a desenvolver máis proxectos en accesibilidade cognitiva nas contornas educativas. Os colexios de Galicia, cada vez están máis enfocados e sensibilizados cara o emprego de medidas en accesibilidade cognitiva, favorecendo a participación de toda a comunidade educativa, e en especial dos nenos/as con TEA e as súas familias.

O traballo en rede

Traballamos dende una metodoloxía estandarizada e baseada na participación social de todas as persoas. Fomentamos a sensibilización do persoal traballador dos centros educativos ademais da dos educandos, por medio de obradoiros específicos de accesibilidade cognitiva e TEA; e traballamos nunha mellora do espazo escolar adaptando a contorna ás necesidades das diversidades que se dan no centro educativo, e máis concretamente, ao colectivo do trastorno do espectro do autismo (TEA).

Grazas a confianza dos centros escolares, nestes últimos anos, desenvolvemos máis de 50 proxectos en accesibilidade cognitiva nas aulas e contornas educativas galegas. Exemplo do noso traballo son os centros CEIP Filomena Dato (A Valenzá), e os institutos Val do Asma (Chantada) e A Cachada (Boiro). Estes espazos educativos que puideron materializar a súa idea de participación educativa para todos/as, impulsados polos Contratos Programa da Consellería de Educación. Adaptáronse os seus espazos e os seus alumnos/as e mais docentes recibiron formación específica en accesibilidade: para acadar unha mellora no acceso aos recursos e bens da institución educativa, logrando unha sensibilidade cara o trastorno do autismo e da diversidade cognitiva que compoñen ós centros.

Outros exemplo do noso traballo en rede, son os centros CEIP Amaro Refojo (Verín) en colaboración cá asociación TRASCOS, ou CPI ADR Castelao (Ordes) cá asociación ASPANAES; dous colexios que adaptaron os seus espazos, e formaron aos seus alumnos/as e docentes. Estes centros, ó igual que moitos outros xa, transformaron os seus espazos tornándoos en accesibles e inclusivos para toda a comunidade educativa.

“Desgraciadamente, la mayoría de los entornos educativos tiene precisamente todo aquello que me causa la mayor aversión.” Donna Williams, 1996

O noso compromiso de satisfacción

Este enfoque de actuación metodolóxica é deseñado para o uso equitativo e igualitario, derrubando barreiras dende a accesibilidade e o deseño universal, conseguindo de forma directa unha sensibilización e formación da comunidade educativa cara o trastorno do autismo e das moitas diversidades cognitivas.

Nos procesos de avaliación que fechan os servizos en accesibilidade cognitiva de cada centro educativo, máis do 50% dos enquisados valorou moi positivamente as melloras de comprensión do espazo e información do mesmo, por parte do alumnado con TEA e a comunidade educativa, unha vez implantadas as medidas en accesibilidade. Igualmente, cabe resaltar que todos os nosos participantes nas enquisas de avaliación, reflectiron nun 80% a súa satisfacción tanto polo servizo como por a utilidade da formación e dos materiais específicos entregados.

En definitiva, o noso obxectivo é acadar unha educación de calidade accesible cognitivamente para todas as comunidades educativas, desenvolvendo ó máximo posible as súas potencialidades para contribuír á mellora da calidade do sistema educativo de Galicia. Deste xeito, concluímos un proceso moi favorable tanto a nivel profesional como metodolóxico que revalida o noso compromiso e servizo profesional. 

Se queredes obter información do noso servizo en accesibilidade cognitiva en centros educativos -ou en contornas sociais- non dubidedes en poñervos en contacto connosco http://accesibilidad.autismogalicia.org/

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias