Cookies

Noticias 

© Federación Autismo Galicia | 02/08/2022 | A Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia publica as axudas económicas do Bono Coidado para o ano 2022.

A Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia publica as axudas económicas do Bono Coidado para o ano 2022.

Axuda ás familias, para atención de necesidades de conciliación de carácter puntual ou durante os períodos de vacacións escolares. Máis información na noticia.

02/08/2022

A Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia publicou a Orde na que se establecen as axudas económicas ás familias para a conciliación en situacións puntuais  e períodos de vacacións escolares a través do programa Bono Coidado para o ano 2022.

 

ORDE do 22 de xuño de 2022 pola que se establecen as axudas económicas ás familias para a conciliación en situacións puntuais e períodos de vacacións escolares a través do programa Bono Coidado e se convoca para o ano 2022 (código de procedemento BS412A).

OBXECTO: Axuda ás familias, para atención de necesidades de conciliación de carácter puntual ou durante os períodos de vacacións escolares entre as que se atopan:

  • Enfermidade ou accidente do neno ou nena ou da persoa coidadora habitual.
  • Asistencia da persoa coidadora habitual a entrevistas de traballo ou cursos de formación que impidan a atención do neno ou nena.
  • Situacións puntuais de carácter laboral da persoa coidadora habitual que impidan a atención do neno ou nena
  • Situacións puntuais de coidado de familiares, do neno ou nena ou da persoa coidadora habitual, ata o segundo grao de parentesco por consanguinidade ou afinidade sempre que impidan a atención do neno ou nena.
  • Necesidades en períodos de vacacións escolares que se producen cando os centros educativos están pechados por vacacións sempre que ambos pais /nais, persoas titoras, acolledoras, gardadoras con fins adoptivos, familias monoparentais  ou pais /nais  con custodia non compartida acrediten que por motivos laborais non poden facerse cargo da  atención do neno ou nena.

PERSOAS BENEFICIARIAS: familias con nenos e nenas residentes en Galicia de ata doce anos de idade (incluídos).

REQUISITOS:  

  • Que o neno ou nena sexa menor de 13 anos no momento no que se produce o suposto para o que se solicita a axuda.
  • Que ambos pais /nais,  persoas titoras,  acolledoras,  gardadoras  con fins adoptivos, familias monoparentais ou pais /nais con custodia non compartida, estean efectivamente traballando, no suposto de solicitudes por enfermidade ou accidente do neno ou nena e/ou por  asistencia a campamentos ou outros recursos de conciliación colectivos especificamente organizados para a atención dos nenos e nenas nos períodos de vacacións escolares. Nos supostos de custodia compartida, este requisito entenderase referido ao tempo no que esta se exerza efectivamente, debendo presentar, nestes casos, cada pai/nai  unha solicitude individual.

PERÍODO SUBVENCIONABLE:  entre o 1 de xaneiro e o 14 de setembro de 2022, de carácter puntual ou durante os períodos de vacacións escolares.

CONTÍA DA AXUDA: Pode acadar ata o 100 % do custo das actuacións. A contía máxima da axuda será:

  • 500€ por unidade familiar no caso de contratación dunha persoa empregada do fogar ou de servizos de atención á infancia a domicilio.
  • 200€ por cada neno ou nena no caso de asistencia a servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política Social  e Xuventude ou a campamentos ou outros recursos de conciliación colectivos especificamente organizados para a atención dos nenos e nenas nos períodos de vacacións escolares.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 30 de setembro de 2022, obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia

MÁIS INFORMACIÓN: Na Orde publicada no DOG 130, do 8 de xullo de 2022 ou na web de Política Social e Xuventude

  

Área de atención a familias e persoas con TEA

 

 

 

Archivada en:
Infórmate > Noticias