© Federación Autismo Galicia | 17/03/2023 | Autismo Galicia participa no encontro de Federacións de Autismo España para reforzar a cohesión e a unidade.
Autismo Galicia participa no encontro de Federacións de Autismo España para reforzar a cohesión e a unidade.
Na sede da Confederación Autismo España reunímonos a pasada fin de semana coas presidencias, xerencias e direccións técnicas das dez federacións socias.
Autismo Galicia estivo presente no segundo encontro de Federacións de Autismo España para reforzar a cohesión e a unidade A sede da Confederación recibiu a pasada fin de semana a presidentes, xerentes e directores técnicos das dez federacións socias.
Coordinación operativa, posicionamentos políticos conxuntos e unión do movemento social e do tecido asociativo do autismo, temas principais do encontro.
O II Encontro de Federacións da Confederación, unha cita que ten como obxectivo xerar un espazo de diálogo, debate reflexivo e participación que permita fomentar a cohesión asociativa e avanzar en posicionamentos comúns nos principais ámbitos de interese para as persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) e as súas familias.
O encontro estivo presidido por Miguel Ángel de Casas, presidente de Autismo España e resto de integrantes da súa Xunta Directiva da que Autismo Galicia forma parte, e contou coa presenza e participación dos/as presidentes/as, xerentes e directores/as técnicos/as das dez federacións socias da Confederación:
O encontro estivo presidido por Miguel Ángel de Casas, presidente de Autismo España e resto de integrantes da súa Xunta Directiva da que Autismo Galicia forma parte, e contou coa presenza e participación dos/as presidentes/as, xerentes e directores/as técnicos/as das dez federacións socias da Confederación:
- Federación Autismo Andalucía
- Federación Autismo Castela-Mánchaa
- Federación Autismo Castela e León
- Federación Autisme Catalunya
- Federación Autismo Estremadura
- Federación Autismo Galicia
- Federación Autismo Madrid
- Federació Catalá d’Autisme
- Federación de Autismo da Región de Murcia
- Federación Española de Autismo FESPAU
Entre os temas principais que se debateron, destacaron a unidade de acción e coordinación operativa entre Autismo España e as federacións en ámbitos como a formación, a captación de fondos ou a incidencia política e social co fin de obter sinerxias e ser máis produtivos; a necesidade de dispoñer de posicionamentos políticos e técnicos conxuntos e mensaxes de unidade e consenso que contribúan á unión do movemento social e do tecido asociativo do autismo para traballar de maneira máis coordinada a favor dos dereitos das persoas con autismo e as súas familias.
Un importante encontro, que servirá para seguir avanzando xuntos na mellora da calidade de vida das persoas con TEA e as súas familias.
