© Federación Autismo Galicia | 13/03/2023 | A comunidade educativa é un axente clave no Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo.
A comunidade educativa é un axente clave no Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo.
No marco do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, propoñemos aos centros educativos que vos sumedes á campaña #LlamémosloPorSuNombre, visibilizando o TEA e axudando a comprender a variabilidade que existe dentro do espectro do autismo. #DíaMundialAutismo.
A comunidade educativa é un axente clave no Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, pola súa capacidade para promover entre o alumnado actividades que contribúan a visibilizar o trastorno do espectro do autismo (TEA) e comprender as necesidades e capacidades das persoas con TEA.
Durante a etapa escolar, comezan as primeiras dificultades para o alumnado con autismo, que marcarán tanto o seu desenvolvemento persoal como o seu benestar emocional. Isto débese, en boa medida, á falta de coñecemento sobre o autismo e aos falsos mitos que aínda perduran sobre o trastorno.
Fomentar o respecto á diversidade nos contextos educativos é, por tanto, fundamental para previr posibles situacións de abuso e acoso escolar ao alumnado con autismo. E tamén para promover unha sociedade na que as persoas con autismo poidan gozar das mesmas oportunidades que as demais.
Actividades para a campaña “Chamémolo polo seu nome”
No marco do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, propoñemos aos centros educativos que vos sumedes á campaña #LlamémosloPorSuNombre, visibilizando o TEA e axudando a comprender a variabilidade que existe dentro do espectro do autismo.
Para iso, animámosvos a que organicedes co voso alumnado algunha actividade vinculada ao xesto da campaña: o símbolo do “infinito”. Estas son só algunhas recomendacións:
- Recorta e colorea o infinito. Podes descargalo aquí.
- Realiza o infinito máis orixinal:
Debuxando. Podes utilizar esta plantilla.
Creando. Utiliza distintos materiais. Deixa voar a túa imaxinación!
Colaborando. Convoca ao alumnado no pavillón deportivo ou no patio do centro e configurade tod@s junt@s un infinito humano. Quedará xenial visto desde arriba!
Outras actividades
Ademais destas actividades vinculadas á campaña do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2023, animamos ao profesorado a que realice calquera outra acción que contribúa a visibilizar o autismo e a axudar ao alumnado a empatizar coas persoas autistas.
Estes son só algúns exemplos, que poden adaptarse en función do nivel educativo do alumnado:
Talleres de redacción e/o debuxo nos que cada alumno explique ou represente o que para el/oa significa ter autismo. Facilitamos esta plantilla descargable.
Debates sobre que pode facer cada alumno/a para axudar a mellorar a calidade de vida das persoas autistas.
Para preparalos, podedes consultar a sección ENTENDER O AUTISMO ou esta sinxela INFOGRAFÍA SOBRE O TEA de Autismo España, que inclúe as características principais do trastorno.
Xogos de verdadeiro e falso en relación a mitos sobre o autismo:
Pode servirvos de referencia a información recollida na sección de Preguntas frecuentes da web de Autismo España.
Cinema-forum sobre películas ou series que inclúan personaxes con autismo.
Nesta listaxe atopardes algunhas propostas.
Talleres de lectura sobre o TEA:
Consultade algunhas propostas nesta listaxe.
Comparte en redes sociais!
Animámosvos a compartir nas vosas redes sociais todas as actividades que organicedes no marco do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, xunto aos hashtag #DiaMundialAutismo #LlamémosloPorSuNombre.
Cales son as NECESIDADES no eido educativo:
Modalidades de escolarización flexibles.
Que se manteña, flexibilice e innove nas modalidades de escolarización, de maneira que se maximice o éxito educativo, o desenvolvemento persoal e a inclusión social, todo iso de acordo coa Convención sobre Dereitos de Persoas con Discapacidade.
Garantir rede variada, suficiente, específica e especializada de servizos, recursos e centros educativos.
Que se garanta unha rede variada, suficiente, específica e especializada de servizos, recursos e centros educativos en todos os territorios, que dispoñan dos medios adecuados para facilitar unha educación de calidade, individualizada e centrada na diversidade e necesidades de cada persoa con TEA.
Libre elección de modalidade de escolarización.
Que se garanta a libre elección de modalidade de escolarización por parte dos pais, nais e/ou representantes legais, de acordo co artigo 26. 3 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos e o artigo 13.3 do Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais. Recursos e dotación económica Que se incrementen os recursos e a dotación económica asignada ao ámbito educativo, así como da adecuada capacitación dos membros da comunidade educativa para garantir a boa práctica no seu desenvolvemento e implementación.
Recursos e dotación económica.
Que se incrementen os recursos e a dotación económica asignada ao ámbito educativo, así como da adecuada capacitación dos membros da comunidade educativa para garantir a boa práctica no seu desenvolvemento e implementación.
PROGRAMA DE INCIDENCIA SOCIAL. Proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia – Consellería de Política Social.